Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.201

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector dos derivados de cemento.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector dos derivados de cemento que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-5-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Fabricantes de Derivados do Cemento da Coruña, e da parte social por UGT e CC.OO o día 23-5-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de xuño de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial do sector dos derivados do cemento da Coruña ano 1996

Capítulo I

Ámbito e vixencia

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio será de aplicación ás industrias dedicadas á fabricación de artigos derivados do cemento, á súa manipulación e montaxe, que se relacionan a seguir:

-Fabricación de formigóns preparados e argamasas para a súa subministración ás obras.

-Fabricación de productos en fibrocemento, tales como placas, tubos, accesorios e demais elementos.

-Fabricación de artigos e elementos en formigóns e argamasas, armados, post ou pretensados, así como artigos en celulosa-cemento e pómez-cemento tales como lastros, baldosas, bloques, bordos, bovedillas, depósitos, formigón arquitectónico, lousas, moldeados, pedra artificial, postes, tellas, tubos, vigas e outros elementos estructurais, etc.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de ámbito provincial e afecta os centros de traballo comprendidos no seu ámbito funcional, sitos no territorio da provincia da Coruña, aínda cando o domicilio da empresa radique fóra del.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan incluídos no ámbito de aplicación deste convenio a totalidade das empresas e traballadores que realicen algunha actividade das comprendidas dentro do ámbito funcional descrito no precedente artigo 1º. Exceptúase da súa aplicación os que queden incluídos nos diferentes apartados do punto 3 do artigo 1 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Vixencia.

Para efectos económicos o presente convenio entra en vigor o día 1 de xaneiro de 1996 e para os demais efectos desde o momento da súa sinatura; a súa duración é dun ano e finaliza, por tanto, o 31 de decembro de 1996.

O convenio terá unha vixencia de 5 anos, desde o 1-1-96 ata o 31-12-2000, naquelas materias que o convenio colectivo xeral reserva para si en exclusividade para o seu ámbito de negociación no seu artigo 2.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

A denuncia para a rescisión do convenio deberase realizar cunha anticipación mínima de tres meses á data da súa finalización ou de calquera das súas prórrogas, contándose este prazo desde a data de entrada da correspondente denuncia no rexistro da Delegación de Traballo.

Artigo 6º.-Contido do convenio.

O convido polas partes neste convenio regula con carácter preferente e prioritario as relacións entre empresa e traballadores en todas aquelas materias

comprendidas no seu contido, mesmo aquelas das que a regulación se pacta en forma distinta ás que establece o convenio xeral.

En todo aquilo que non estea previsto neste convenio, aplicarase o convenio xeral do sector e demais disposicións legais de carácter xeral.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas pactadas a título persoal que teñan establecidas as empresas ó entrar en vigor o presente convenio e que, con carácter global, excedan del en cómputo anual.

Artigo 8º.-Compensación e absorción.

As retribucións pactadas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa natureza ou orixe.

Os aumentos de retribución que se poidan producir no futuro por disposicións legais de xeral aplicación só poderá afecta-las condicións pactadas no presente convenio cando, consideradas as novas retribucións en cómputo anual, superen as aquí pactadas. En caso contrario, serán absorbidas ou compensadas por esta última, subsistindo o presente convenio nos seus propios termos.

Artigo 9º.-Vinculación á totalidade.

As condicións que se pactan, calquera que sexa a súa natureza e contido, constitúen un conxunto unitario indivisible, aceptando as partes que o subscriben que as obrigas que reciprocamente contraen teñen unha contraprestación equivalente cos dereitos que adquiren, considerando todo isto no seu conxunto e en cómputo anual, sen que, por tanto, os pactos que se formalizan poidan ser interpretados ou aplicados de xeito illado e con independencia dos demais.

No suposto de que a xurisdicción competente, en uso das súas facultades, anulase ou invalidase algún dos pactos contidos no presente convenio, as partes negociadoras considerarán se é válido por si só o resto do texto aprobado ou ben se cómpre unha nova e total ou parcial renegociación.

Se se dese tal suposto, as partes signatarias deste convenio comprométense a reunirse dentro dos 30 días seguintes ó da firmeza da resolución correspondente, co obxecto de resolve-lo problema presentado.

Se no prazo de 90 días a partir da data da firmeza da resolución en cuestión as partes signatarias non alcanzasen un acordo, comprométense a fixar un calendario de reunións para a negociación do convenio na súa totalidade.

Se de producise a situación de nulidade e, en canto dure esta, as partes rexeranse polo convenio colectivo xeral para o sector de derivados do cemento.

Capítulo II

Comisión paritaria de interpretación

Artigo 10º.-Comisión paritaria de interpretación.

Constitúese unha comisión mixta paritaria de interpretación do presente convenio, presidida pola persoa que a comisión, de entre os seus compoñentes no seu momento, designe por unanimidade.

Serán vocais dela tres representantes por cada unha das partes, social e empresarial, intervenientes, designados na forma que decidan as respectivas organizacións e preferentemente de entre os membros compoñentes da comisión negociadora deste convenio.

Será secretario un vocal da comisión.

Os acordos da comisión para seren válidos requirirán a presencia, directa ou por representación, de polo menos dous membros de cada unha das partes, empresarial e social, e adoptaranse sempre coa maioría absoluta da totalidade dos compoñentes da comisión. Os acordos que adopte a comisión paritaria terán a mesma eficacia que a norma pactada interpretada.

Artigo 11º.-Funcións e procedemento da comisión paritaria de interpretación.

1. As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación de todas e cada unha das cláusulas deste convenio, exceptuando as reservadas ó convenio xeral.

b) Por instancia dalgunha das partes, mediar e/ou intentar conciliar, se é o caso, e logo de acordo das partes e por solicitude delas, arbitrar en cantas cuestións e conflictos, todos eles de carácter colectivo, se poidan suscitar na aplicación do presente convenio.

c) Vixilancia e seguimento do cumprimento do pactado.

d) Cantas outras funcións tendan á maior eficacia práctica do convenio ou veñan establecidas no seu texto.

2. Como trámite, que será previo e preceptivo a toda actuación xurisdiccional que se promova, as partes signatarias do presente convenio se obrigan a pór en coñecemento da comisión mixta paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos de carácter xeral, se puidesen suscitar en relación coa interpretación e aplicación deste, sempre que sexan da súa competencia conforme o establecido no apartado anterior, co fin de que mediante a súa intervención se resolva o problema suscitado ou, se fose posible, emita dictame ó respecto. O dito trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no parágrafo 4 deste mesmo artigo sen que se emitise resolución ou dictame.

3. Cando unha parte desexe utilizar algún dos supostos previstos nas alíneas a) e b) do parágrafo 1 deste mesmo artigo, faranlles chegar ós membros

da comisión mixta de interpretación, a través das organizacións asinantes, cunha anticipación de 10 días, documentación suficiente que conterá, como mínimo:

a) Exposición do problema ou conflicto

b) Argumentación

c) Proposta de solución

4. A comisión mixta paritaria, unha vez recibido o escrito-proposta ou, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a 15 días hábiles para resolve-la cuestión suscitada ou, se fose posible, emiti-lo oportuno dictame. Transcorrido o dito prazo sen producirse resolución nin dictame, quedará aberta a vía xurisdiccional competente.

5. A comisión poderá pedir, por vía de ampliación, canta información ou documentación considere pertinente para unha mellor ou máis completa información do asunto, para o cal concederá un prazo ó propoñente que non poderá exceder de cinco días hábiles.

6. En todo caso, as resolucións da comisión mixta de interpretación adoptarán a forma escrita e motivada.

Capítulo III

Estructura económica

Artigo 12º.-Estructura económica.

As remuneracións económicas dos traballadores afectados por este convenio estarán constituídas por retribucións de carácter salarial e non salarial.

No anexo I deste convenio fíxanse as remuneracións económicas dos traballadores afectados por este convenio por tódolos conceptos e en cómputo anual. As remuneracións económicas fixadas no anexo I serán, así mesmo, de aplicación ós traballadores afectados polos contratos de posta a disposición previstos no artigo 6 e seguintes da Lei 14/1994, do 1 de xuño.

Salarios. Son retribucións salariais as remuneracións económicas dos traballadores en diñeiro ou en especie que reciben pola prestación profesional dos servicios laborais por conta allea.

Conceptos que comprenden as retribucións salariais:

a) Salario base.

b) Complementos salariais:

-De posto de traballo.

-De cantidade ou calidade de traballo.

-Pagas extraordinarias.

-Vacacións.

-Complementos de convenio.

-Horas extraordinarias.

-Antigüidade consolidada.

Complementos non salariais. Son as percepcións económicas que non forman parte do salario polo seu carácter compensatorio por gastos suplidos ou prexuízos ocasionados ó traballador ou polo seu carácter asistencial.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

Considéranse gratificacións extraordinarias os complementos de vencemento periódico superior ó mes.

-Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal, que serán aboadas, respectivamente, antes do 30 de xuño e 20 de decembro; devengaranse por semestres naturais e por cada día natural en que se devengase o salario base.

-Devengo das pagas:

Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

-A contía dos ditos complementos será a que se especifica para cada un dos grupos ou niveis nas táboas que figuran no anexo I, incrementada, no caso que proceda, coa antigüidae consolidada que corresponda.

-Ó persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias conforme os criterios anteriores no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

1. É o complemento salarial que deberá percibi-lo traballador polo exceso de tempo de traballo efectivo que realice sobre a duración da xornada anual establecida ou a proporcional que lle corresponda.

2. As horas extraordinarias realizadas serán compensadas mediante descansos na equivalencia de: 1 hora extra realizada equivalería a 1 hora e media de descanso.

3. Subsidiariamente, as horas extras realizadas serán compensadas mediante descansos e retribución a razón de: 1 hora extra realizada equivalería a 1 hora de descanso e media hora retribuída ó valor da hora ordinaria.

4. Excepcionalmente, as horas extras realizadas serán compensadas mediante pagamento en metálico a razón de: 1 hora extra realizada equivalería ó 130% do valor da hora ordinaria.

5. A opción respecto da compensación en descansos ou en metálico corresponderalle ó traballador, con independencia de que, se a opción o é por compensación por descansos, a data do desfrute será fixada pola empresa durante os catros meses seguintes á súa realización. Con carácter xeral acumularanse os descansos por xornada completa.

6. Considéranse horas extraordinarias estruturais, tanto na súa definición como tratamento, as previstas na Orde ministerial do 01.03.83.

7. O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, salvo as realizadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, non poderá ser superior a 2 ó día, 20 ó mes e 80 ó ano.

8. Mentres non se alcance o valor resultante da aplicación do previsto no punto 4, o valor da hora extraordinaria será o que se fixa nas táboas salariais.

Artigo 15º.-Vacacións.

1. Coa denominación de vacacións implántase o complemento salarial polo que se lles retribúe o período de vacacións anuais ós traballadores.

2. O complemento salarial que se percibirá por vacacións comprenderá a media da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, a excepción das horas extraordinarias e gratificacións extraordinarias.

3. Os traballadores que cesen durante o transcurso do ano terán dereito a que na liquidación que se lles practique no momento da súa baixa na empresa se integre o importe da remuneración correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas.

4. Polo contrario, e nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador desfrutase das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique a parte correspondente ós días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano.

5. Para os efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal for a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se ó seu vencemento o traballador continuase de baixa, aínda que se manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal se é aquela de superior contía. O mesmo criterio se aplicará para os supostos de cesamento por finalización do contrato.

Artigo 16º.-Axudas de custo e medias axudas de custo.

1. A axuda de custo é un concepto de devengo extrasalarial, de natureza indemnizatoria ou compensatoria e de carácter irregular, que ten como finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de manutención e aloxamento do traballador ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

2. O traballador percibirá axuda de custos completa cando, como consecuencia do desprazamento, non poida pernoctar na súa residencia habitual. Devengarase sempre por día natural.

3. Devengarase media axuda de custos cando, como consecuencia do desprazamento, o traballador afectado teña necesidade de realiza-la comida fóra da súa residencia habitual e non lle fose subministrada pola empresa e poida pasa-la noite na citada residencia. A media axuda de custos devengarase por día efectivo traballado.

4. As axudas de custo e as medias axudas de custo percibiranse sempre con independencia da retribución do traballador e nas mesmas datas que esta; pero nos desprazamentos de máis dunha semana de duración, aquel poderá solicitar anticipos quincenais a conta e por xustificar sobre as mencionadas axudas de custos.

5. Non se devengará axuda de custos ou media axuda de custos cando o empresario organice e custee a manutención e aloxamento do traballador desprazado.

Así mesmo, non se devengarán medias axudas de custo cando o desprazamento se realice a distancia inferior a 10 km do centro de traballo.

Tampouco se devengarán medias axudas de custo cando, concorrendo varios centros de traballo no mesmo termo municipal, se realice o desprazamento.

Artigo 17º.-Antigüidade.

Dada a transcendencia que para as partes afectadas polo presente convenio ten o coñecemento exacto e puntual dos acordos sobre o complemento persoal de antigüidade adoptado no convenio colectivo xeral do sector de derivados do cemento para a súa traslación ó presente convenio, así como a aplicación persoal a cada traballador dos efectos dos ditos acordos en materia de antigüidade consolidada, transcríbese a seguir e literalmente o contido dos ditos acordos que constan no Art. 58 do convenio xeral.

Acordos sobre o complemento persoal de antigüidade.

1. As partes asinantes do presente convenio xeral acordan a abolición definitiva do concepto e tratamento do complemento persoal de antigüidade tanto nos seus aspectos normativos como retributivos, que ata a data se viñan tendo en conta e aplicando como consecuencia do previsto na ordenanza de traballo para a construcción, vidro e cerámica no referente a este sector de actividade, como nos convenios colectivos desenvolvidos para a súa aplicación.

2. Como consecuencia do dito acordo asumen, así mesmo, ámbalas partes e como contrapartida os seguintes compromisos:

a) O mantemento e consolidación dos importes que tivese cada traballador polo complemento persoal de antigüidade na data de publicación de cada convenio colectivo de ámbito inferior. Ó importe así determinado adicionaráselle, se fose o caso, o importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada

na data de entrada en vigor dos ditos convenios colectivos, calculándose por exceso ou defecto a anos completos.

b) Os importes obtidos ó abeiro do previsto na letra a) manteranse invariables e por tempo indefinido como un complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa, extinguíndose xuntamente co contrato do traballador afectado. O dito complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salarios coa denominación de antigüidade consolidada e non será susceptible de absorción ou compensación.

c) Para compensa-la desaparición do complemento de antigüidade nos termos anteditos, en tódolos convenios de ámbito inferior calcularase o importe económico equivalente a seis anos de antigüidade (isto é, dous bienios e dous quintos dun quinquenio) en función dos módulos, importes ou porcentaxes que se fixen como complemento de antigüidade nos ditos convenios colectivos ou, no seu defecto, das porcentaxes da ordenanza laboral para a construcción, vidro e cerámica de 1970.

d) O resultado da antigüidade de seis anos, calculada de conformidade co previsto na alínea c) dividirase en tres tercios. Cada un dos tercios adicionaráselle ó salario base dos respectivos convenios de ámbito inferior segundo o previsto na alínea c), nos anos 1º, 2º e 3º inmediatos seguintes á entrada en vigor de cada un deles, unha vez e con posterioridade a terse practicado e aplicado o incremento previsto na disposición derradeira primeira para o primeiro e segundo anos, e o terceiro ano aplicarase o terceiro tercio na forma descrita antes, unha vez e con posterioridade a terse practicado e aplicado a actualización das táboas de cada convenio de ámbito inferior, en función dos acordos que as partes tomasen no proceso de negociación.

e) Nos convenios colectivos de ámbito inferior, e só para efectos informativos, figurará na táboa anexa o importe anual en pesetas, por niveis, do valor do bienio e quinquenio na data inmediata anterior á da entrada en vigor daqueles, reiterando as ditas táboas e importes de forma invariable nos anos sucesivos.

Capítulo IV

Contratación

Artigo 18º.-Forma do contrato.

A admisión de traballadores nas empresas a partir da entrada en vigor deste convenio realizarase como norma xeral a través de contrato escrito.

O contrato de traballo escrito deberase formalizar antes do comezo da prestación de servicios.

Farase constar en tódolos contratos de traballo o contido xeral das condicións que se pacten e o grupo profesional ou categoría na que queda encadrado

o traballador e, en todo caso, o contido mínimo do contrato.

Considérase como contido mínimo do contrato a fixación nel da identificación completa das partes contratantes, a localización xeográfica e denominación, se é o caso, do centro de traballo ó que queda adscrito o traballador, o domicilio da sede social da empresa, o grupo, nivel ou categoría profesional, especialidade, oficio ou posto de traballo en que quede adscrito o traballador, a retribución total anual inicialmente pactada e a expresión literal do convenio colectivo aplicable.

Artigo 19º.-Contratación.

Unha vez considerado apto, simultaneamente ó inicio da relación laboral, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente e para isto debe aporta-la documentación necesaria e asina-lo devandito libro de matrícula.

Artigo 20º.-Período de proba.

1º Poderase concertar por escrito un período de proba que en ningún caso excederá de:

Nivel II: 6 meses.

Niveis III, IV e V: 3 meses.

Niveis VI e VII: 2 meses.

Nivel VIII: 1 mes.

Resto dos niveis: 15 días naturais.

2º Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes ó grupo, nivel ou categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose do cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que se poderá producir por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de aviso previo e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización; o desistimento débese comunicar por escrito.

3º Transcorrido o período de proba sen que se producise o desistimento, o contrato producirá plenos efectos e computarase o tempo de servicios prestados para efectos de antigüidade.

4º A situación de I.T. derivada de accidente de traballo que afecte ó traballador durante o período de proba interromperá o cómputo deste.

Artigo 21º.-Modalidades de contratación.

As empresas afectadas polo presente convenio poderán celebrar calquera tipo de contrato de traballo previsto na lexislación vixente ou no presente convenio colectivo.

Artigo 22º.-Contrato fixo do cadro de persoal.

Entenderase como contrato de traballador fixo do cadro de persoal o que se concerte entre unha empresa e un traballador para a prestación laboral durante tempo indefinido ou que leve emparellada esa condición por imperativo legal ou decisión xudicial.

Artigo 23º.-Contrato de traballo para a realización dunha obra ou servicio determinado.

A) Segundo o teor do disposto no Art. 15.1º a) do Estatuto dos traballadores e o Real decreto 2546/1994, que o desenvolve, identifícanse como traballos ou tarefas con substantividade propia dentro da actividade normal da empresa, unicamente, as seguintes actividades do sector:

a) Fabricación e subministración de formigón a unha obra determinada.

b) Os traballos de mantemento, obras ou avarías estructurais e, por tanto, non habituais.

c) Aquel pedido ou fabricación para a subministración a unha obra suficientemente identificada e indeterminada na súa finalización que, polas súas características diferentes dos pedidos ou fabricacións habituais, supoña unha alteración transcendente respecto ó ritmo ou programas normais de producción.

B) Contido e réxime xurídico:

-Nos contratos de traballo que se realicen baixo esta modalidade deberase indicar con precisión e claridade o carácter da contratación e identificar suficientemente a obra ou servicio que constitúa o seu obxecto.

-A duración do contrato será a do tempo esixido para a realización da obra ou servicio.

-A utilización desta modalidade contractual requirirá, en todo caso, a confección dunha copia básica do contrato que, ademais do contido que as copias básicas do contrato deben reunir con carácter xeral, expresarán necesariamente o obxecto do contrato, as condicións de traballo previstas nel, a especificación do número de traballadores que se prevexa que intervirán na obra ou servicio, o grupo ou categoría profesional asignado ó traballador e a duración estimada da obra ou servicio. Daráselles traslado da copia básica ós representantes dos traballadores dentro dos prazos legais.

-Os contratos por obra ou servicio determinado presumiranse celebrados por tempo indefinido cando neles figuren de xeito inexacto ou impreciso a identificación e o seu obxecto e isto faga imposible na práctica a comprobación ou verificación do seu cumprimento.

-No momento da finalización da obra ou servicio, os traballadores contratados ó abeiro da presente modalidade contractual percibirán polo concepto de indemnización a cantidade equivalente ó 4,5% dos salarios de convenio devengados durante a duración da dita obra ou servicio.

Artigo 24º.-Contratos para atender circunstancias de mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

1. De acordo co que dispón o artigo 15.1º b) do texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24

de marzo, e o Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, a duración máxima dos contratos eventuais por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos poderá ser de ata 30 meses traballados dentro dun período de 36 meses.

Durante o período intertemporal de 36 meses poderán, ó abeiro da mesma modalidade contractual, subscribirse máis dun contrato da mesma natureza e neste caso será acumulable a duración de todos eles para os efectos da duración máxima de 30 meses dentro do período de 36, salvo que entre un contrato e o seguinte se produza unha interrupción de máis de 6 meses; neste caso estaríase ante unha nova e distinta contratación.

2. Os contratos de duración inferior a 6 meses poderanse prorrogar cantas veces as partes acorden, dentro deste período máximo, sen limitación temporal ningunha.

A partir dos 6 primeiros meses as prórrogas posibles serán todas de 6 meses, excepto unha que poderá ser de duración inferior e a última, a duración da cal se poderá axustar ás necesidades temporais para completa-los 30 meses de duración.

3. Indemnizacións:

a) Se, esgotados os seis primeiros meses de contrato, se prorroga este por unha duración mínima de 18 meses adicionais ininterrompidos e nunha soa prórroga, cando finalice o contrato a indemnización que se lle aboe ó traballador será de 18 días de salario por ano de traballo ou parte proporcional.

b) Se, esgotados os seis primeiros meses de contrato, as prórrogas foron inferiores ó termo sinalado no suposto a) ou se levasen a cabo sucesivos contratos nas condicións recollidas no apartado 1º, a indemnización cando finalice o contrato ou cada un dos múltiples posibles contratos será se 20 días de salario por ano traballado ou parte proporcional. En caso de diversidade de contratos, a indemnización será liquidada ó finalizar cada un deles.

c) Se a duración do contrato no superase catro meses, estará exento de obriga indemnizatoria.

4. Os contratos que se celebren baixo esta modalidade conterán referencia expresa ó presente artigo.

5. Os contratos celebrados con anterioridade á publicación deste convenio poderanse prorrogar ata os 30 meses e coas condicións do presente artigo.

Artigo 25º.-Disposicións comúns ós contratos de duración determinada.

Será preceptivo comunicar por escrito ó traballador o preaviso de cesamento por finalización de calquera modalidade de contrato de duración determinada. O dito preaviso realizarase cunha anticipación de, polo menos, sete días para aqueles contratos que teñan unha duración non superior a trinta días naturais e de quince días se a duración do contrato é superior ó dito prazo. O empresario poderá substituír

este preaviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de preaviso omitidos calculados sobre as táboas de convenio, sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberase incluír no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

Capítulo V

Mobilidade xeográfica

Artigo 26º.-Desprazamento.

Enténdese por desprazamento o destino temporal dun traballador a un lugar distinto do seu centro habitual de traballo.

As empresas poderán despraza-los seus traballadores ata o límite máximo dun ano.

As empresas designarán libremente os traballadores que teñan que desprazarse cando o destino non esixa pasa-la noite fóra da casa ou cando, existindo esta circunstancia, non teña duración superior a tres meses.

Nos supostos en que o desprazamento esixa pasa-la noite fóra do domicilio e teña unha duración superior a tres meses, as empresas proporán o desprazamento ós traballadores que consideren idóneos para realiza-lo traballo e no suposto de que por este procedemento non cubrisen os postos que haxa que prover procederá a súa designación obrigatoria entre os que reúnan as condicións de idoneidade profesional para ocupa-las prazas, observando as seguintes preferencias para non ser desprazado:

a) Representantes legais dos traballadores

b) Diminuídos físicos e psíquicos. As empresas que desexen realizar algún dos desprazamentos que obriguen o traballador a pasa-la noite fóra do seu domicilio deberano preavisar ós afectados cos seguintes prazos:

Prazos de preavisos (en horas) segundo a duración do desprazamento:

A= ata 15 días.

B= de 16 a 30 días.

C= de 30 a 90 días.

D= máis de 90 días.

Lugar de desprazamento.

ABCD-Dentro da mesma provinciaSP2472120-Dentro da mesma comunidade autónoma

e fóra da súa provincia247272120-Fóra da comunidade autónoma e dentro

do estado español727272120

(SP=sen preaviso)

En calquera caso os preavisos deberanse realizar por escrito en caso de desprazamentos superiores a 15 días.

Os anteriores prazos non serán de aplicación cando o desprazamento veña motivado por supostos de danos, sinistros ou cuestións urxentes.

Nos desprazamentos superiores a tres meses que non permitan pasa-la noite no seu domicilio, as empresas e os afectados convirán libremente nas fórmulas para que os traballadores poidan regresar ós seus domicilios periodicamente, que poderán consistir na subvención das viaxes de ida e regreso en todos ou parte dos fins de semana, adecuación ás xornadas de traballo para facilitar visitas periódicas ó seu domicilio, concesións de permisos periódicos, subvención do desprazamento dos seus familiares, etc.

Nos supostos de non chegarse a acordo nesta materia, observarase o disposto no artigo 40.4º do Estatuto dos traballadores, tendo dereito a un mínimo de 4 días laborables de estadía no seu domicilio de orixe por cada 3 meses de desprazamento, sen computar como tales os de viaxe, os gastos do cal serán a cargo do empresario.

Por acordo individual poderase pacta-la acumulación destes días e mesmo engardirse ás vacacións anuais.

Nos supostos de desprazamento xerarase o dereito, ademais de á totalidade das retribucións económicas que habitualmente viñese percibindo, ás axudas de custo e gastos de viaxe que procedan.

Capítulo VI

Xornada

Artigo 27º.-Xornada.

A) A duración da xornada anual de traballo e durante a vixencia do presente convenio colectivo e nos ámbitos comprendidos nos artigos do 8º ó 12º, ambos incluídos, será a que se establece no seguinte cadro:

19961997199819992000

1º1.7961.7841.7761.7681.760

B) As horas de traballo que como xornada anual quedan fixadas no cadro precedente terán, en todo caso, a consideración e tratamento de traballo efectivo.

C) A distribución semanal da xornada establecida no parágrafo anterior farase de luns a venres, ambos incluídos, de acordo co contido do calendario laboral que figura no anexo. Esta distribución páctase cunha vixencia temporal desde o 1-1-1996 ata o 31-12-1998. Cada ano fixaranse os festivos de convenio que permitan o axuste necesario á xornada anual pactada.

D) En todo caso, sexa cal sexa a distribución da xornada fixada nos convenios colectivos de ámbito inferior, ó traslada-la súa aplicación práctica ó centro de traballo deberanse respectar, en todo caso, os períodos mínimos de descanso diario e semanal.

E) O tempo de traballo efectivo computarase de modo que, tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, o traballador se encontre no posto de traballo encomendado.

F) En cada centro de traballo a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado neste convenio provincial e, se ó o caso, o da propia empresa ou centro de traballo.

Artigo 28º.-Distribución da xornada.

1. As empresas poderán distribuí-la xornada establecida no artigo anterior ó longo do ano, mediante criterios de fixación uniforme ou irregular, afectando a uniformidade ou irregularidade ben a todo o cadro de persoal ou de forma diversa por seccións ou departamentos, por períodos estacionais do ano ou en función das previsións das distintas cargas de traballo e desprazamentos da demanda ou calquera outra modalidade.

A distribución da xornada realizada nos termos precedentes deberase fixar e publicar antes do 15 de xaneiro de cada exercicio. Unha vez publicado o dito calendario, calquera modificación que se pretenda implantar deberase acordar cos representantes legais dos traballadores.

2. Cando a empresa practique unha distribución irregular da xornada, esta limitarase ós topes mínimos e máximos de distribución seguintes: en cómputo diario non se poderá exceder dun mínimo e máximo de 7 a 9 horas; en cómputo semanal os ditos límites non poderán exceder de 35 a 45 horas.

Os límites mínimos e máximos fixados no parágrafo anterior con carácter xeral poderán ser modificados no nivel de empresa e logo de acordo das partes ata as seguintes referencias: en cómputo diario de 6 a 10 horas ou en cómputo semanal de 30 a 50 horas.

3. A distribución irregular da xornada non afectará a retribución e cotizacións do traballador.

4. Se, como consecuencia da irregular distribución da xornada, cando venza o seu contrato o traballador tivese realizado un exceso de horas en relación ás que corresponderían a unha distribución regular, o exceso seralle aboado na súa liquidación segundo o valor resultante da fórmula prevista no anexo V do presente convenio colectivo.

5. As empresas poderán, así mesmo, establece-la distribución da xornada nos procesos productivos continuados durante as 24 horas do día mediante o sistema de traballo por quendas. Cando a decisión empresarial implique modificación substancial de condicións de traballo, aplicarase o disposto no art. 41 do E.T.

6. Dada a singularidade en materia de ordenación de xornada no sector de empresas dedicadas á fabricación e subministración de formigón, e con independencia da aplicación do previsto nos apartados 1, 2, 3, 4 e 5 deste artigo, as empresas representantes dos traballadores poderán acorda-la distribución irregular da xornada mediante a imputación a exceso de xornada ou redistribución da acordada por períodos mensuais.

Artigo 29º.-Prolongación da xornada.

O traballo dos operarios con funcións de mantemento para a reparación de instalacións e maquinaria por causa de avarías, necesario para proseguir ou continua-lo proceso productivo, poderase prolongar ou adiantar polo tempo estrictamente preciso.

A limpeza de útiles ou máquinas asignadas a título individual será responsabilidade do traballador. En supostos excepcionais, o tempo empregado para tal mester que exceda da xornada ordinaria aboarase ó prezo de horas extraordinarias e non terán a consideración de tales para efectos do seu cómputo.

Ós traballadores nos que de forma habitual, e excepcionalmente os que os substitúan, concorra a circunstancia de que a súa intervención é necesaria, con carácter previo ó inicio inmediato ou ó peche do proceso productivo, poderáselles adiantar ou prolonga-la súa xornada polo tempo estrictamente preciso.

O tempo de traballo prolongado ou adiantado segundo o previsto nos parágrafos anteriores non se computará como horas extraordinarias sen prexuízo da súa compensación económica ó prezo de horas extraordinarias ou en tempos equivalentes de descanso.

Artigo 30º.-Quendas e substitucións.

Nas empresas que teñan establecidos sistemas de traballo por quendas o traballador está obrigado a permanecer no seu posto de traballo ata a chegada do substituto. O tempo que se precise durante a espera, que non excederá de dúas horas, compensarase, en todo caso, ó prezo da hora extraordinaria con independencia de que no se compute como tal.

A duración da xornada anual no réxime de traballo por quendas será de 1.684,5 horas, que terán, en todo caso, a consideración e tratamento de traballo efectivo. As xornadas diarias no réxime de traballo por quendas terán unha duración de 7,5 horas de traballo efectivo.

Nas xornadas diarias de réxime de traballo por quendas manterase en media hora de descanso, que non terá o carácter e tratamento de traballo efectivo.

Ós traballadores afectados por xornadas en réxime de traballo por quendas seralles, así mesmo, de aplicación a fixación dos festivos e descansos que se determinen tanto no calendario laboral do presente convenio colectivo como os que se fixen nos calendarios laborais elaborados en cada centro de traballo.

Artigo 31º.-Horas extraordinarias.

Terá a consideración de hora extraordinaria cada hora de traballo que se realice sobre a duración da xornada anual establecida no Art. 27º ou parte proporcional no caso de contratos de duración inferior ó ano natural, posta en relación coa distribución diaria ou semanal que dela se establecese no correspondente calendario, segundo os criterios que se fixan no Art. 28º.

As partes asinantes comprométense a reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias.

A prestación de traballo en horas extraordinarias será voluntaria, salvo nos supostos que teñan a súa causa en forza maior.

Non terán a consideración de horas extraordinarias, para efectos do seu cómputo como tales, o exceso das horas traballadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e de urxente reparación.

Así mesmo, tampouco terán a consideración de horas extraordinarias, para os efectos do seu cómputo, as que fosen compensadas mediante descansos desfrutados dentro dos catro meses seguintes á súa realización.

Artigo 32º.-Vacacións.

As vacacións anuais terán unha duración non inferior a trinta días naturais.

As empresas e os representantes dos traballadores acordarán o plan de quendas de vacacións e datas para o seu desfrute, deberán ser coñecidas polos traballadores cunha antelación mínima de dous meses.

Se no proceso de negociación referido non se chegará a un acordo, as empresas elaborarán un plan, quenda de vacacións e a fixación de datas para o seu desfrute, atendendo ós seguintes criterios:

-Poderase excluír como período de vacacións aquel que coincida co de maior actividade productiva da empresa, salvo o suposto do parágrafo seguinte.

-As vacacións poderán ser divididas, para efectos do seu desfrute, en dous períodos. Un deles, que en todo caso non será inferior a 15 días laborables, deberá estar comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, ambos incluídos. O resto dos días de vacacións do segundo do períodos serán desfrutados nas datas que a empresa determine en función das necesidades de producción.

O cómputo para o desfrute das vacacións efectuarase por anos naturais. No primeiro ano de prestación de servicios na empresa e, de non corresponderse co ano natural completo, terase dereito ó desfrute da parte proporcional de vacacións correspondentes ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

Unha vez iniciado o desfrute do período de vacacións, se sobrevén a situación de I.T., a duración dela computarase como días de vacacións, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de I.T., de ser aquela de superior contía.

Capítulo VII

Ordenación e organización do traballo

Artigo 33º.-Dirección e control do traballo.

A organización e ordenación do traballo é facultade do empresario ou persoas en quen este delegue, podendo implanta-los sistemas internos de control que considere oportunos para verifica-lo cumpri

mento polo traballador das súas obrigas e deberes laborais, que deberá exercerse con suxeición ó establecido neste convenio e demais normas aplicables.

En consecuencia ten a facultade de organizalo de forma que poida logra-lo máximo rendemento en tódolos aspectos: man de obra, materiais, tempo, etc. ata o límite racional e científico que permitan os elementos de que dispoña e a necesaria colaboración do persoal para o dito obxecto, con suxeición ó establecido no presente convenio e demais normas de aplicación.

Son facultades do empresario, entre outras, as seguintes:

a) A cualificación do traballo e da productividade industrial xeralmente admitidos.

b) A determinación dos sistemas de organización ou medición do traballo encamiñados a obter e asegura-los máximos rendementos dos elementos, máquinas ou instalacións, dadas as necesidades xerais da empresa ou as específicas dun determinado departamento, sección ou posto de traballo.

c) A adxudicación do número de máquinas ou de tarefas necesarias para a saturación do posto de traballo. A regulación da adaptación das cargas de traballo, rendemento e tarifas ás condicións que resulten do cambio de métodos operatorios, proceso de fabricación, cambio de materias, máquinas ou condicións técnicas delas.

d) A fixación de índices de desperdicios, normas de calidade e normas técnicas de traballo.

e) A esixencia dunha vixilancia, atención e limpeza da maquinaria e utensilios encomendadas ó traballador.

f) O cambio de posto de traballo e a redistribución do persoal da empresa conforme as conveniencias da producción e da organización, con suxeición ós criterios de mobilidade dentro da pertenza a grupos profesionais.

g) O introducir, durante calquera período de organización do traballo, as modificacións necesarias ou convenientes nos métodos, distribución do persoal, variacións técnicas das máquinas, utensilios, fórmulas, etc.

h) O mantemento do normal desenvolvemento das relacións laborais.

i) Establecer ou varia-las fórmulas para o cálculo de incentivos.

j) Esixi-la actividade normal á totalidade do persoal da empresa.

As facultades empresariais descritas serán, en todo caso, exercidas sen menoscabo das competencias atribuídas ós representantes legais dos traballadores.

En caso de desconformidade dos traballos, exposta a través dos seus representantes legais, manteranse as normas existentes na empresa en espera da resolución dos órganos a quen corresponda.

Artigo 34º.-Prestación do traballo.

1. O traballador está obrigado a realiza-lo traballo convido, cumprindo as ordes e instruccións do empresario no exercicio regular das súas facultades directivas e, no seu defecto, os usos e costumes, debendo executar cantos traballos, operacións ou actividades se lle ordenen dentro do xeral cometido da súa competencia profesional.

Deberá, así mesmo, prestar maior traballo ou distinto do convido nos casos de necesidade urxente de previr males, remediar accidentes ou danos sufridos.

2. O traballador deberá dar conta inmediata ós seus xefes directos dos entorpecementos que observe na realización do seu traballo, así como das faltas ou defectos que advirta nos útiles, máquinas, ferramentas ou instalacións relacionadas co seu cometido, que, pola súa vez, deberá manter en estado de funcionamento e utilización nos que del dependa.

3. Fóra dos centros de traballo ou da súa xornada laboral queda prohibida, salvo expresa autorización do empresario ou de quen o represente, a utilización de máquinas, ferramentas, aparellos, instalacións ou locais de traballo.

4. Para a debida eficacia da política de prevención de accidentes no traballo, os traballadores están obrigados a utiliza-los medios de protección que lle facilite o empresario en cumprimento da normativa reguladora correspondente.

5. Como manifestación dos deberes xerais de colaboración e boa fe que rexen a prestación do traballo, o traballador está obrigado a mante-los segredos relativos á explotación e negocios da empresa.

Artigo 35º.-Traballo a tempo ou xornada.

Salvo pacto en contrario, presúmese que a prestación de traballo se concerta na modalidade denominada a tempo ou xornada, na que a retribución se fixa atendendo á duración do traballo e ó rendemento normal definido neste convenio e que ten como contrapartida as táboas salariais dos convenios colectivos de ámbito inferior, sempre que o traballador alcance, no dito tempo, o rendemento normal esixible.

Artigo 36º.-Traballo a tarefa.

O traballo a tarefa consiste na realización por xornada dunha determinada cantidade de traballo con independencia do tempo investido na súa realización.

Se o traballador termina a tarefa antes de concluí-la xornada diaria, a empresa poderalle ofrecer, e el aceptar ou non, entre continuar prestando os seus servicios ata a terminación da xornada ou que abandone o traballo dándoa por concluída.

No primeiro caso, a empresa deberá aboa-lo tempo que medie entre a terminación da tarefa e a conclusión da xornada diaria, como se se tratase de horas extraordinarias, pero sen que se computen estas para o efecto do límite fixado para elas no

art. 35.2 do Estatuto dos traballadores e sen que poida esixirse durante o dito período un rendemento superior ó normal.

Artigo 37º.-Traballo por axuste.

Nos traballos por axuste ou por unidade de obra e para efectos da súa retribución, só se atende á cantidade e calidade da obra ou traballo realizado, pagándose por módulos ou unidades determinadas, independentemente do tempo investido na súa realización, se ben se pode estipular un prazo para a súa terminación; neste caso deberase terminar dentro del.

Artigo 38º.-Traballo a prima ou incentivo.

As empresas poderán establecer para os traballos non medidos cientificamente sistemas de incentivación ou primas á producción, de modo que a un maior rendemento no traballo correspondan normalmente uns ingresos superiores ós ordinarios.

Se en calquera dos traballos remunerados con incentivo por axuste, tarefa, con prima á producción ou por tarefa e unidade de obra a que se refire este capítulo no se producise o rendemento esixible por causas imputables á empresa, a pesar de pó-lo traballador na execución da obra a técnica, actividade e dilixencia necesarias, este terá dereito a percibi-lo 50% da media das primas obtidas no mes anterior durante os primeiros 30 días, o 25% durante os 30 días posteriores e o 10% durante os 30 días seguintes. A partir deste último período cesa a obriga da empresa de remunerar calquera cantidade por este concepto.

Se as causas que motivaron a diminución do rendemento fosen accidentais e non se estendesen a toda a xornada, deberase compensar ó traballador o tempo que dure a diminución.

Cando os motivos non sexan imputables a descoidos ou neglixencia da empresa e independentemente da vontade do traballador, pagaráselle ós traballadores afectados a razón do salario base. Entre outros casos pódense considera-la falta de fluído eléctrico, avarías en máquinas, espera de forza ou de materiais, falta ou diminución de pedidos e outros análogos.

Para acredita-lo dereito ó salario bonificado ou ó salario base nos supostos anteriores é indispensable que o traballador permanecese no lugar ou posto de traballo.

Artigo 39º.-Organización científica do traballo.

Para os efectos da organización científica do traballo nas empresas incluídas neste convenio que apliquen este sistema e cantos sexan convenientes para a súa mellor marcha e funcionamento, teranse en conta as seguintes definicións:

a) Actividade normal: enténdese por actividade normal a equivalente a 60 puntos Bedaux, 100 centesimais ou a referencia que fixe calquera outro sistema de medición científica do traballo, calculado por medio de cronómetros por calquera dos sistemas

coñecidos ou ben aplicando a técnica de observacións instantáneas denominadas mostraxe de traballo.

b) Actividade óptima: é a que corresponde ós sistemas de medida cos índices 80 ou 140 nos sistemas Bedaux ou centesimal, respectivamente, ou a súa equivalencia en calquera outro sistema de medición científica do traballo.

c) Rendemento normal: é a cantidade de traballo que un operario efectúa nunha hora de actividade normal.

d) Rendemento óptimo: é a cantidade de traballo que un operario efectúa nunha hora de actividade óptima.

e) Tempo máquina: é o que emprega unha máquina en producir unha unidade de tarefa en condicións técnicas determinadas.

f) Tempo normal: é o investido por un traballador nunha determinada operación en actividade normal, sen incluír tempos de recuperación.

g) Traballo libre: é aquel no que o operario pode desenvolve-la actividade óptima durante todo o tempo. A producción óptima no traballo libre corresponde ó traballo óptimo.

h) Traballo limitado en actividade normal: é aquel en que o operario non pode desenvolve-la actividade óptima durante todo o seu tempo. A limitación pode ser debida ó traballo da máquina, ó feito de traballar en equipos ou ás condicións do método operatorio. Para os efectos de remuneración, os tempos de espera debidos a calquera das anteriores limitacións serán aboados como se se traballase a actividade normal.

i) Traballo limitado en actividade óptima: a actividade óptima obterase tendo en conta que o tempo de producción mínimo é o tempo máquina realizado en actividade óptima. Nos casos correspondentes calcularanse as interferencias e pausas de máquina ou equipo.

As empresas que non tivesen implantado un sistema de racionalización nos seus centros de traballo na data de publicación do presente convenio poderano establecer e, en todo caso, poderán determina-lo rendemento normal correspondente a cada posto de traballo e, para tal efecto, fixa-la cantidade e calidade do labor que haxa que efectuar, así como as restantes condicións mínimas esixibles; o non facelo non significará nin se poderá interpretar como renuncia a tal dereito.

Artigo 40º.-Traballo remunerado con incentivo. Criterios de valoración.

Para o seu cálculo e establecemento teranse en conta as seguintes circunstancias:

a) Grao de especialización que o traballo que haxa que realizar requira segundo a mecanización da industria.

b) Esforzo físico e atención que a súa execución orixine.

c) Dureza e calquera outra circunstancia especial de traballo que haxa que realizar.

d) Medio ambiente en que o traballo se realice, así como as condicións climatolóxicas do lugar onde teña que verificarse.

e) A calidade dos materiais empregados.

f) A importancia económica que o labor que haxa que realizar teña para a empresa e a marcha normal da súa producción.

g) Calquera outra circunstancia de carácter análogo ás enumeradas.

Artigo 41º.-Procedemento de implantación, supresión e revisión dos sistemas de traballo.

O procedemento para a implantación dos sistemas de organización do traballo será o que segue:

1. A empresa notificará por escrito ós representantes dos traballadores, se os houber, con quince días de anticipación, o propósito de implantar un sistema ou un método técnico de organiza-lo traballo, xuntando a información necesaria.

2. Os representantes dos traballadores disporán dun prazo improrrogable de 5 días desde a notificación anterior para emitir informe razoado.

3. O período de proba do novo sistema terá unha duración que non poderá ser inferior a dous meses. Durante o citado período garantiráselle ó traballador o salario medio que viñese percibindo.

4. Antes de termina-lo período de proba, os representantes dos traballadores, ou estes se non os houbera, poderán expresa-lo seu desacordo, razoado e por escrito ante a dirección da empresa.

5. No prazo de dez días despois de recibi-lo escrito mencionado, a empresa decidirá sobre as cuestións que presenten as reclamacións mencionadas no punto anterior. A empresa decidirá sobre as cuestións que susciten as reclamacións. Contra as decisións da empresa poderase recorrer ante a xurisdicción competente, prolongándose o período de proba en canto esta non se pronuncie.

6. Durante o período de proba, antes da entrada en vigor do novo sistema, exporanse nos centros de traballo as características da nova organización e as correspondentes tarifas. De igual modo actuarase nos casos de revisión do sistema, métodos ou tarifas que impliquen modificacións destas últimas.

Artigo 42º.-Revisión ou modificación dos sistemas.

A revisión dos métodos ou tarifas de incentivos poderá ser efectuado pola empresa ou por petición dos representantes dos traballadores por algún dos feitos seguintes:

1. Cando se consigan repetidamente actividades coas percepcións que superen o cento por cento das sinaladas para primas e análogas, ou no corenta por cento das actividades medidas.

2. Cando as cantidades de traballo realizadas non se correspondan sistematicamente coas normais establecidas.

3. Por reforma dos métodos e procedementos industriais, motivada por modernización, mecanización ou automatización dos postos de traballo.

4. Cando na confección das tarifas se incorrese en indubidable erro de cálculo.

5. Cando calquera outra circunstancia o aconselle.

Artigo 43º.-Roupa de traballo.

A todo o persoal entregaráselle un mínimo de dúas pezas de roupa ó ano, unha en xaneiro e outra en xullo, e renovaráselle tantas veces como fose preciso se así o consideran os representantes dos traballadores de acordo coa representación empresarial. A súa conservación e limpeza correrán a cargo do traballador, quen as deberá manter en perfecto estado de conservación e uso.

Capítulo VIII

Permisos, licencias e excedencias

Artigo 44º.-Licencias.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador, quince días laborais.

b) Morte ou enterramento do cónxuxe, ascendente, descendente ou irmáns, enfermidade do cónxuxe, pais e fillos e parto da esposa, cinco días laborais.

c) Por cambio de domicilio, dous días laborais.

d) Por morte de pais políticos, irmáns políticos, fillos políticos e netos políticos, dous días laborais.

Para desfrutar de tales permisos retribuídos sinalados nos apartados c) e d), deberase xustificar mediante probas documentais suficientes.

Con independencia destas licencias, os traballadores poderán desfrutar de cinco días ó ano sen retribución para obter persoalmente asuntos propios debidamente xustificados.

Capítulo IX

Representación colectiva

A. Da representación dos traballadores.

Artigo 45º.-Comités de empresa e delegados de persoal.

O comité de empresa e delegados de persoal terán dereito a recibi-la información, emitir informes e exerce-lo labor de vixilancia sobre as materias expresamente previstas polas normas legais vixentes. Así mesmo, gozarán das garantías en materias disciplinarias de non discriminación, exercicio de liberdade de expresión e disposición de créditos horarios previstos no artigo 47º.

Artigo 46º.-Eleccións sindicais-candidatos.

Os traballadores que teñan 18 anos cumpridos e unha antigüidade mínima de 3 meses na empresa, sempre que superasen o período de proba, serán elixibles nas eleccións a representantes dos traba

lladores, tal como se prevé na sección segunda, Art. 69 e seguintes do Estatuto dos traballadores.

Artigo 47º.-Crédito horario.

Os membros do comité de empresa e delegados de persoal disporán dun crédito de horas mensuais retribuídas de acordo coa seguinte escala:

-Centro de ata 100 traballadores: quince horas.

-Centros de 101 a 250 traballadores: vinte horas

-Centros de 251 ou máis traballadores: trinta horas

A utilización do crédito de horas mensuais retribuídas expresadas no parágrafo anterior será comunicada polo traballador afectado ou o sindicato e organismo que proceda coa anticipación suficiente. En todo caso, na utilización do crédito de horas mensuais retribuídas para actividades programadas polo sindicato, a comunicación procurarase realizar con 48 horas de anticipación.

O crédito de horas mensuais retribuídas dos membros do comité de empresa ou delegados de persoal poderá ser acumulable a calquera dos seus compoñentes, sen excede-lo máximo total. A dita acumulación poderase computar por períodos de ata 3 meses.

Para que poida opera-la acumulación prevista no parágrafo anterior, será requisito indispensable que se lle comunique tal decisión á empresa cunha anticipación mínima de 15 días naturais. Se non se observase tal prazo, a acumulación requirirá acordo entre as partes.

Non se contabilizará dentro do crédito de horas sinalado anteriormente o tempo empregado en reunións convocadas pola dirección da empresa nin o dos desprazamentos para asistir ás ditas reunións, así como o tempo empregado na negociación de convenios cando a empresa estea afectada polo ámbito do dito convenio.

O crédito de horas fixado poderá ser tamén utilizado para a asistencia dos representantes legais dos traballadores a cursos de formación ou outras actividades sindicais similares determinadas polo sindicato a que pertenzan, logo da oportuna convocatoria e posterior xustificación de asistencia.

Os representantes dos traballadores e delegados sindicais, durante o exercicio das súas funcións de representación, percibirán as retribucións establecidas no capítulo VIII, Permisos, licencias e excedencias, deste convenio.

Artigo 48º.-Dereito de reunión.

Os traballadores dunha empresa ou centro de traballo teñen dereito a reunirse en asemblea, que poderá ser convocada polos delegados de persoal, comité de empesa ou de centro de traballo ou por número de traballadores non inferior ó trinta e tres por cento do cadro de persoal. A asemblea será presidida, en todo caso, polo comité de empresa ou polos delegados de persoal, mancomunadamente, que serán responsables do seu normal desenvolvemento, así como

da presencia na asemblea de persoas non pertencentes á empresa. Só se poderán tratar nela os asuntos que previamente consten incluídos na orde do día.

A presidencia da asemblea comunicaralle á dirección da empresa a convocatoria e os nomes das persoas non pertencentes á empresa que vaian asistir á asemblea e acordará con esta as medidas necesarias para evitar perturbacións na actividade laboral normal. Cando por calquera circunstancia non se poida reunir simultaneamente todo o cadro de persoal sen prexuízo ou alteracións no normal desenvolvemento da producción, as diversas reunións parciais que teñan que celebrarse consideraranse como unha soa e datadas no día da primeira.

As asembleas celebraranse fóra das horas de traballo. A celebración da asemblea porase en coñecemento da dirección da empresa cunha anticipación mínima de 48 horas, indicando a orde do día, persoas que ocuparán a presidencia e duración previsible.

B. Dos sindicatos.

Artigo 49º.-Delegado sindical.

Naqueles centros de traballo cun cadro de persoal superior a 250 traballadores, a representación do sindicato ostentará un delegado, nos termos previstos no art. 10 da Lei orgánica 11/1985.

O sindicato que alegue posuí-lo dereito a estar representado mediante titularidade persoal en calquera empresa deberá acreditalo ante ela de xeito fidedigno, recoñecéndolle esta, acto seguido, ó citado delegado a súa condición de representante do sindicato para tódolos efectos.

Os delegados sindicais terán as competencias, garantías e funcións recoñecidas nas leis ou normas que as desenvolvan.

O delegado sindical deberá se-lo traballador que se designará de acordo cos estatutos do sindicato ou central a quen repesenta; terá recoñecidas as seguintes funcións:

-Recadar cotas e distribuí-la información sindical fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa.

-Representar e defende-los intereses do sindicato a quen representa e dos seus afiliados no centro de traballo e servir de instrumento de comunicación entre o sindicato ou central sindical e a dirección da empresa.

-Asistir ás reunións do comité de empresa do centro de traballo e comité de prevención de riscos laborais con voz e sen voto.

-Ter acceso á mesma información e documentación que a empresa poña á disposición do comité de empresa, respectándose as mesmas garantías recoñecidas pola lei e o presente convenio ós membros do comité de empresa e estando obrigado a gardar sixilo profesional en todas aquelas materias nas que proceda legalmente.

-Será informado e oído pola dirección da empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten, en xeral, ós traballadores do seu centro de traballo e, particularmente, ós afiliados ó seu sindicato que traballen no dito centro.

O delegado sindical cinxirá as súas tarefas á realización das funcións sindicais que lle son propias, axustando, en calquera caso, a súa conducta á normativa legal vixente.

As seccións sindicais dos sindicatos máis representativos terán dereito á utilización dun local adecuado no que poidan desenvolve-las súas actividades naqueles centros de traballo con máis de 250 traballadores.

-Participación nas negociacións dos convenios colectivos: ós delegados sindicais que participen nas comisións negociadoras de convenios colectivos mantendo a súa vinculación como traballadores en activo dalgunha empresa, seranlles concecidos permisos retribuídos por estas co fin de lles facilita-lo seu labor como negociadores e durante o transcurso da devandita negociación, sempre que a empresa estea afectada directamente polo convenio de que se trate.

-Reunirse fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa cos traballadores desta afiliados ó seu sindicato.

-Inserir comunicados nos taboleiros de anuncios previstos para tal efecto que puidesen interesar ós afiliados ó sindicato e ós traballadores do centro.

-Os delegados sindicais, sempre que non formen parte do comité de empresa, disporán dun crédito de horas mensuais retribuídas, en iguais termos e contido que os previstos no Art. 47º deste convenio.

Artigo 50º.-Cota sindical.

Nos centros de traballo, por solicitude escrita de cada un dos traballadores afiliados ás centrais ou sindicatos legalmente constituídos, as empresas descontaranlles na nómina mensual a estes traballadores o importe da cota sindical correspondente.

O aboamento da cantidade recadada pola empresa farase efectivo por meses vencidos ó sindicato correspondente, mediante transferencia á súa conta bancaria.

As empresas efectuarán as devanditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano.

O traballador poderá, en calquera momento, anular por escrito a autorización concedida.

Artigo 51º.-Excedencias sindicais.

O persoal con antigüidade de tres meses que exerza ou sexa chamado a exercer un cargo sindical nos órganos de goberno provinciais, autonómicos ou nacionais dunha central sindical que asinase o convenio terá dereito a unha excedencia forzosa polo tempo que dure o cargo que a determina.

Para o traballador acceder á dita excedencia, deberá xuntar á comunicación escrita á empresa o certificado da central sindical correspondente no que conste o nomeamento do cargo sindical de goberno para o que fose elixido.

O traballador excedente forzoso ten a obriga de comunicarlle á empresa, nun prazo no superior ó mes, a desaparición das circunstancias que motivaron a súa excedencia; en caso de non a efectuar no dito prazo, perderá o dereito ó reingreso.

O reingreso será automático e obrigatorio e o traballador terá dereito a ocupar unha praza do mesmo grupo ou nivel, lugar e posto de traballo que ostentaba antes de producirse a excedencia forzosa.

O tempo de excedencia computarase como de antigüidade ó servicio da empresa.

Capítulo X

Prestacións complementarias ás da Seguridade Social

Artigo 52º.-Indemnizacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a percibir indemnizacións complementarias ás prestacións da Seguridade Social nos supostos e contías que se detallan:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha doceava parte das retribucións anuais previstas no convenio aplicable en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional:

-Primeiro ano de vixencia: 4.000.000 ptas.

-Segundo ano de vixencia: 4.250.000 ptas.

-Terceiro ano de vixencia: 4.500.000 ptas.

-Cuarto ano de vixencia: 4.750.000 ptas.

-Quinto ano de vixencia: 5.000.000 de ptas.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaránselle a quen o traballador declarase beneficiario e, no seu defecto, ó cónxunxe, fillos, pais, irmáns e demais herdeiros legais, por esta orde.

En canto á data de fixación de efectos do feito causante, terase en conta, en todo caso, a data en que se producise o accidente. Nos supostos de enfermidade profesional tomarase como data de efectos aquela en que declare por primeira vez a súa existencia o órgano competente.

A data de entrada en vigor na aplicación das indemnizacións anteriores será ós 30 días da publicación do presente convenio colectivo.

Artigo 53º.-Premio por xubilación.

Os traballadores que se xubilen ós 65 anos, sempre que conten cunha antigüidade mínima de cinco anos ó servicio da empresa, percibirán desta e por unha soa vez unha gratificación equivalente a quince días de salario base.

Así mesmo, e para os traballadores que se xubilen voluntariamente e teñan unha antigüidade mínima de sete anos ó servicio da empresa, establécense as seguintes cantidades:

Ós 60 anos, 143 días de salario base.

Ós 61 anos, 113 días de salario base.

Ós 62 anos, 87 días de salario base.

Ós 63 anos, 62 días de salario base.

Ós 64 anos, 45 días de salario base.

Estas cantidades aboaranse con independencia das liquidacións correspondentes por partes proporcionais.

O dereito de percibo destes premios condiciónase a que o traballador se xubile entre os sesenta e os sesenta e cinco anos de idade e perderano os que se xubilen posteriormente.

Artigo 54º.-Prohibición de discriminación.

Prohíbese toda discriminación en razón de sexo, idade ou nacionalidade dos traballadores en materia salarial, de promoción, ascenso, etc.

Expresamente queda prohibida a distinta retribución de persoas que ocupen postos similares nunha mesma empresa en razón de sexo, idade ou nacionalidade.

a) A muller terá igual dereito que o home e as mesmas obrigas.

b) Se a realización de tarefas consideradas como de traballos tóxicos, penosos, molestos ou insalubres poden afectar á súa situación de embarazo ou á maternidade, estas deberán ser excluídas para a muller, intervindo para isto, se fixese falta, o comité de prevención de riscos laborais.

Disposicións transitorias

Primeira.-Con aplicación exclusiva para o ano 1996, as empresas que desexen aplicar unha distribución irregular da xornada segundo o previsto nos artigos 27º e 28º deste convenio poderana fixar e publicar co límite temporal de ata un mes despois da data da súa publicación.

Segunda.-Considerando o avanzado do ano no momento da sinatura do convenio, as empresas afectadas por el asumen o compromiso de que, de existiren días de vacacións pendentes de desfrutar, seranlles outorgados ós traballadores para o seu desfrute sempre antes do día 15-12-1996.

Considerando, así mesmo, as datas en que se produce a sinatura do texto do convenio, e para os efectos da liquidación dos atrasos correspondentes ó ano 1996, as empresas disporán de tres meses para proceder á súa liquidación e non poderán exceder, en ningún caso, do 31-8-1997.

Terceira.-Entre os meses de setembro e outubro de 1998, as partes reuniranse para acorda-la nova fórmula de distribución da xornada semanal prevista no artigo 27º C), a partir de 1999.

ANEXO I

NivelCategoríasSalarioComplementosPagas extraordinariasR.A.

MesDíaAsis.Trans.XulloNadal

2Enxeñeiro152.4665.0821.3277.149147.470 N147.470 N2.503.073
3Perito129.0944.3031.3277.149125.062 N125.062 N2.177.793
4Encargado126.1894.2061.3277.149122.266 N122.266 N2.137.341
5Debuxante98.0403.2681.3277.14995.139 S95.139 S1.745.299
6Delineante de 1ª96.7353.2241.3277.14993.872 S93.872 S1.727.105
7Delineante de 2ª95.2623.1751.3277.14992.432 S92.432 S1.706.549
9Calcador92.3653.0791.3277.14989.635 S89.635 S1.666.191
3Xefe 1ª administrativo129.0944.3031.3277.149125.062 N125.062 N2.177.793
4Xefe 2ª administrativo115.4083.8471.3277.149117.941 N117.941 N1.999.319
6Oficial de 1ª administrativo96.7353.2241.3277.14993.872 S93.872 S1.727.105
8Oficial de 2ª administrativo93.7553.1251.3277.14990.990 S90.990 S1.685.581
9Auxiliar administrativo92.3653.0791.3277.14989.635 S89.635 S1.666.191
7Viaxante sen C.95.2623.1751.3277.14992.432 S92.432 S1.706.549
8Corredor sen C.93.7553.1251.3277.14990.990 S90.990 S1.685.581

NivelCategoríasSalarioComplementosPagas extraordinariasR.A.

MesDíaAsis.Trans.XulloNadal

9Vendedor a comisión92.3653.0791.3277.14989.635 N89.635 N1.666.191
5Encargado de sección98.0403.2681.3277.14995.139 S95.139 S 1.745.299
7Capataz95.2623.1751.3277.14992.432 S92.432 S1.706.549
8Oficial de 1ª93.7553.1251.3277.14990.990 S90.990 S1.685.581
9Oficial de 2ª92.3653.0791.3277.14989.635 S89.635 S1.666.191
10Axudante90.9373.0311.3277.14988.282 S88.282 S1.646.349
11Oficial de 3ª89.5482.9851.3277.14986.928 S86.928 S1.626.973
12Limpadora/peón88.0812.9361.3277.14985.530 S85.530 S1.606.573
13Traballador 17 anos74.8332.4949307.14973.867 S73.867 S1.334.549
14Traballador menor 17 anos56.8641.8958607.14956.132 S 56.132 S1.067.631

Nota: as letras S e N que figuran nas pagas extras son para os traballadores con mobilidade de traballo e incentivos.

N: non se retribúe incentivo.

S: si se retribúe incentivo.

ANEXO II

Táboa de valor da hora extraordinaria (Art. 14.8º)

Nivel

CategoríaValor hora extra

2Enxeñeiro2.239
3Perito1.944
4Encargado1.856
5Debuxante1.457
6Delineante 1ª1.532
7Delineante 2ª1.514
9Calcador1.475
3Xefe 1ª Admtvo.1.944
4Xefe 2ª Admtvo.1.815
6Oficial 1ª Admtvo.1.532
8Oficial 2ª Admtvo.1.493
9Aux. Admtvo.1.475
7Viaxante sen C.1.513
8Corredor sen C.1.493
9Vendedor a Com.1.475
5Encargado Secc.1.475

Nivel

CategoríaValor hora extra

7Capataz1.514
8Oficial de 1ª1.493
9Oficial de 2ª1.475
10Axudante1.458
11Oficial de 3ª1.440
12Limpadora/peón1.420
13Trab. 17 anos1.185
14Trab. menor 17 anos936

ANEXO III

Táboa de valores para a axuda de custos e a media axuda de custos

-Axuda de custos: 2.900.-Media axuda de custos: 1.170.

Se, excepcionalmente, os importes fixados para a axuda de custos e media axuda non alcanzasen para cubri-las atencións para as que están previstas, as empresas avéñense a aboarlle ó traballador a diferencia, sempre que se aporten os xustificantes correspondentes.

ANEXO IV

Calendario laboral ano 1996

Convenio colectivo: derivados do cemento - provincia da Coruña.

Sector de actividade: derivados do cemento - empresa:

Xornada anual: 1.796 horas.Xornada semanal: -----------------

Descanso en xornada: -------------Tratamento:

Festivos previstos en convenio: -------------------------

Outros festivos:

Estatais: 10Autonómicos: 2Locais: 2

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1EESDED

2SDS

3SDSD

4DESD

5EDS

6ESSDE

7DDDSS

8SDD

9SDS

10SDSD

11DSD

12DE

13SSSD

14DDDSS

15SEDD

16SDS

17SDASD

18DSD

19DS

20SSSD

21DDDSS

22SDD

23SDS

24SDSD

25DSADE

26DS

27SSSD

28DDDSS

29SDD

30-SDS

31-D--S--

Horas

E = festivo estatal

A = festivo autonómico

L = festivo local

C = festivo convenio

V = vacación

P = ponte

J = axuste xornada

ANEXO V

Para os efectos do disposto no capítulo VI, artigo 28 do presente convenio, a fórmula para determina-lo valor da hora co fin de aboa-los posibles excesos en supostos de distribución irregular da xornada será a seguinte:

SB+AC+PI+CC+CP+CCC+GE+V

= Valor hora ordinaria

Horas anuais de traballo efectivo

Sendo:

SB: salario base.

AC: antigüidade consolidada.

PI: posibles pluses individuais ou complementos persoais.

CC: complemento de convenio.

CP: complemento de posto de traballo.

CCC: complementos por cantidade e/ou calidade de traballo.

GE: gratificacións extraordinarias.

V: importe das vacacións anuais.

ANEXO VI

Táboa de referencia de antigüidade anual a 31-12-1995

(dous bienios máis dous tercios dun quinquenio)

((Artigo 58.2º e) C. xeral)

Nivel

CategoríaAntigüidade

2Enxeñeiro106.946
3Perito86.478
4Encargado83.846
5Debuxante60.018
6Delineante 1ª58.828
7Delineante 2ª57.568
9Calcador55.160
3Xefe 1ª Admtvo.86.478
4Xefe 2ª Admtvo.83.846

Nivel

CategoríaAntigüidade

6Oficial 1ª Admtvo.58.828
8Oficial 2ª Admtvo.56.378
9Aux. Admtvo.55.160
7Viaxante sen C.57.568
8Corredor sen C.56.378
9Vendedor a Com.55.160
5Encargado Secc.60.018
7Capataz57.568
8Oficial de 1ª56.378
9Oficial de 2ª55.160
10Axudante53.942
11Oficial de 3ª52.752
12Limpadora/peón51.548

ANEXO VII

Táboa de valores de antigüidade o 31-12-1995, que se incorporan como anexo deste convenio para efectos exclusivamente informativos

Categorías2 anos4 anos9 anos14 anos19 anos24 anos

2. Enxeñeiro e arquitecto grao superior2.7145.49110.86016.29221.72127.452
3. Perito, aparellador e Axte. enxeñeiro técnico2.2074.4118.82613.23817.64222.066
4. Encargado xeral de obra2.1394.2788.55512.83617.14421.392
5. Debuxante, proxectista, delineante superior1.5303.0626.1259.18712.25016.299
6. Delineante de primeira1.4983.0036.0009.00112.00115.003
7. Delineante de segunda1.4692.9365.8778.81611.75314.694
9. Calcador1.4052.8155.6288.44711.25814.076
3. Xefe de primeira administrativo2.2074.4118.82613.23817.64222.066
4. Xefe de segunda administrativo2.1394.2788.55512.83817.11421.392
6. Oficial de 1ª administrativo1.4983.0036.0009.00112.00115.003
8. Oficial de 2ª administrativo1.4342.8765.7538.63111.50914.384
9. Auxiliar administrativo, telefonista, Conser.1.4052.8155.6288.44711.25814.076
7. Viaxante sen comisión1.4692.9365.8778.81611.75314.694
8. Corredor sen comisión1.4342.8765.7538.63111.50911.384
9. Vendedor, viaxante e corredor a comisión1.4052.8155.6288.44711.25814.076
5. Encargado de sección1.5303.0626.1259.18712.25016.299
7. Capataz1.4692.9365.8778.81611.75314.694
8. Oficial de primeira1.4342.8765.7538.63111.50914.384
9. Oficial de segunda1.4052.8155.6288.44711.25814.076
10. Axudante, almaceneiro, vixilante1.3762.7515.5078.25911.01213.764
11. Oficial 3ª, especialista e peón Especializ.1.3442.6915.3848.07210.76413.456
12. Limpadora, peón1.3152.6305.2597.89010.52013.146

ANEXO VIII

Redacción do texto corrixido correspondente ó artigo 10, comisión paritaria de interpretación, segundo o acordado na acta de sinatura do convenio colectivo provincial do 23 de maio de 1997.

Artigo 10º.-Comisión paritaria de interpretación.

Constitúese unha comisión mixta paritaria de interpretación do presente convenio, presidida pola persoa

que a comisión, de entre os seus compoñentes no seu momento, designe por unanimidade.

Serán vocais dela catro representantes por cada unha das partes asinantes do convenio, social e empresarial intervenientes, designados na forma que decidan as respectivas organizacións e preferentemente de entre os membros compoñentes da comisión negociadora deste convenio.

Será secretario un vocal da comisión.

Os acordos da comisión para seren válidos requirirán a presencia, directa ou por representación de, polo menos, dous membros de cada unha das partes empresarial e social e serán adoptados sempre pola maioría absoluta da totalidade dos compoñentes da comisión. Os acordos que adopte a comisión paritaria terán a mesma eficacia que a norma pactada interpretada.

5712