Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (P.U. 112/1996).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 12 de xuño de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do treito rúa Río Barra-Avda. de Santiago, da zona 4 do SU-42 do PXOU, de Ourense por instancia de Rudesindo Alvar Mayo en representación de Pindo y Lugues, S.L. logo da constitución de garantía polo importe de sete millóns novecentas setenta e catro mil trescentas setenta e sete pesetas (7.974.377 ptas.) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

Incorporarlle ó proxecto as condicións técnicas fixadas pola Consellería de Medio Ambiente, Parques e Xardíns, no informe do 26-3-1997, debéndose executa-las obras en conformidade coas ditas condicións.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo perante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderanse utilizar outros que se crean convenientes.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de xuño de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

5433