Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-278).

Por decreto desta alcaldía nº 2687/1997, do 3 de xuño, acordouse aprobar inicialmente a delimitación e determinación do sistema de compensación como o de actuación, na U.A. 1 do plan especial de acondicionamento do porto e praia de Mera (Oleiros), tramitado por Urcasa. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de vinte días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables.

Oleiros, 18 de xuño de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

5446