Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente en Comisión de Goberno do concello do Grove, do 17 de abril deste ano, o estudio de detalle do plan parcial da Illa da Toxa, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Luis Moyano Quiroga, en representación de Inmobiliaria La Toja, S.A.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o citado estudio de detalle durante un mes, contado desde a publicación deste anuncio; atoparase o expediente á disposición dos interesados nas oficinas de secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio do presente anuncio notificación a aqueles propietarios de terreos afectados descoñecidos ou que intentada a notificación non se puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 25 de xuño de 1997.

O alcalde

Rubricado