Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/80-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Pumade, S.A.

Enderezo social: Rosalía de Castro, 35-Polig. Ind. de Botos, 36500 Lalín.

Denominación: central de coxeración en Polig. industrial de Botos.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: grupo de coxeración composto de 3 grupos motoxeradores de 1.500 kW cada un e equipo de control, protección, transformación e acoplamento á rede. Dous depósitos de 50.000 litros de almacenamento gasoil. Sistema de recuperación da calor composto por caldeira de fluído térmico e intercambiador da calor. Situada no polígono industrial de Botos, rúa Rosalía de Catro, 35, concello de Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas podrán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5396