Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97-23-3 A.T.).

Modificado de líñas a 20 kV, e redes da baixa tensión por motivos de ancheamento e mellora da

estrada de Celanova a Ramirás (N/OU/90.6.1) (Celanova e Ramirás).

Visto o expediente incoado na Sección de Enerxía desta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez 45, 32003 Ourense, no que se solicita autorización para o establecemento dunha instalación eléctrica, cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e de acordo co disposto na Lei de industria, do 16 de xullo de 1992, e no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas.

Esta delegación provincial resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación eléctrica proxectada, da que as características son as seguintes:

Desvío de liñas aéreas a 20 kV e redes de baixa tensión por obras de mellora na N/OU/90.6.1 de Celanova a Ramirás. Circunvalación Celanova, Celanova Fireira, a C.T. de San Xulián, Penosiños-Escudeiros, B.T. Piñeiro, B.T. A Roda, B.T. Cexo, B.T. Arrabalde, B.T. Canavelas, B.T. Grandarela, B.T. Granxas Gandarela, B.T. Pambre, B.T. San Cristovo, B.T. Vilafror, B.T. Vilagarcía, B.T. Vilariño, B.T. Picouto, B.T. Gasolineira Penosiños, B.T: Penosiños e B.T. Vilavidade.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o seu peticionario coa aprobación do seu proxecto de execución, logo de cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Ourense, 16 de xuño de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5443