Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97-19-3 A.T.).

Liña a 20 kV, C.T., R.B.T. de Lentellais (O Bolo).

Visto o expediente incoado na Sección de Enerxía desta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez 45, 32003 Ourense, no que se solicita autorización para o establecemento dunha instalación eléctrica, cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e de acordo co disposto na Lei de industria, do 16 de xullo de 1992, e no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas.

Esta delegación provincial resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación eléctrica proxectada, da que as características son as seguintes:

Liña aérea a 20 kV de 516 metros de lonxitude, en conductor LA-56 sobre postes de formigón ou metálicos, derivada desde un apoio da L.M.T. Olar de Presas-Fornelos e remata no centro de transformación proxectado aéreo en Lentellais (O Bolo), con trafo de 50 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V. Rede de baixa tensión subterránea en Lentellais.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o seu peticionario coa aprobación do seu proxecto de execución, logo de cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Ourense, 1 de xullo de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5708