Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/54-2-4734 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitude: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.B.T. e C.T. equipos captación central hidroeléctrica-Tarrío.

Situación: Chantada.

Descricións técnicas: liña de baixa tensión de 162 metros desde o apoio nº 14 ó apoio tipo 9-1000 que se vai situar xunto á caseta de servicios xunto ó canle, en conductor R.Z.-3x25/54,6 Al. Centro de transformación de 25 kVA, 20.000/400-231±5% V, para subministración de enerxía a equipos captación da central hidroeléctrica de Tarrío, en Chantada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 9 de xuño de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5296