Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/152-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hotel Castro, S.L.

Domicilio social: Formarís, s/n, Sionlla, 15884 Santiago de Compostela.

Denominación: proxecto de sistema de coxeración.

Situación: Formarís, Enfesta (San Cirstovo). Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: instalación de grupo de coxeración, enerxía eléctrica-calor, composto por:

-Grupo motor-xerador, con motor de 92 kW e alternador de 81,9 kW, a 380 V.

-Caldeira de recuperación de calor para auga quente e calefacción.

-Aparellos eléctricos de protección, control e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 9 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5381