Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/53-2-4733 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 sométese a información pública a petición da autorización, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitude: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. Malecón-Caneiro.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea Malecón-Caneiro, de 420 metros de lonxitude en conductor R.H.V-12/20 kV-3x150 Al, para mellora do servicio eléctrico na zona, concello de Monforte de Lemos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 5 de xuño de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5044