Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.178

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (110/1997).

Nos presentes autos de divorcio nº 110/1997, promovidos por Antonia del Río Vidal, contra Vicente

Alves Dieste e con intervención do Ministerio Fiscal, dictouse a resolución seguinte:

Proposta de providencia.

Secretario: Clemente Lázaro.

En Ribeira, dez de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Presentada a anterior demanda cos documentos que a acompañan e copias preceptivas, ás que se lles dará o seu destino legal, fórmense os oportunos autos, que se rexistrarán cos da súa clase.

Admítese a trámite a demanda de divorcio que se insta, que se substanciará segundo as normas procesuais que lle son propias, e confírase traslado ó demandado Vicente Alves Dieste para que, no improrrogable prazo de vinte días, compareza en autos e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención baixo apercibimento de que, se non o verificase, será declarado en rebeldía e recaerán sobre el os demais prexuízos que sinala a lei. Descoñéceselle o domicilio do demandado; emprácese este por medio de edictos, que se publicarán no taboleiro de anuncios deste xulgado. Fáiselle entrega destes despachos á Peleteiro Bandín co fin de que se encargue do seu trámite e devolución.

Tense por comparecida e parte na representación de Antonia del Río Vidal á procuradora Peleteiro Bandín, segundo acredita con copia testemuñada de poder apud acta que xunta, con quen se entenderán as sucesivas dilixencias na forma que determina a lei.

Dada a existencia de fillos menores, emprácese o Ministerio Fiscal.

Así o propoño e asino.

Conforme: o xuíz.

Ante min.

E para que lle sirva de emprazamento en legal forma para tódolos fins e termos legais a Vicente Alves Dieste, expido e asino a presente cédula en Ribeira, dez de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

4949