Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.178

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (329/1994).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela.

Fago saber: que no dito xurado e co nº 329/1994 se tramita procedemento de xuízo executivo, por instancia de Lico Leasing, S.A., contra Enrique Rodríguez García e María Magdalena Raíndo Carballal

no que, por resolución desta data, se acordou sacar a pública poxa, por primeira vez e polo termo de vinte días, os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto de remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 22 de setembro de 1997, ás 10 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro: que non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segundo: que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado, no Banco de Bilbao-Vizcaya S.A., nº 1500-17-032994, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo nº e ano de procedemento, e sen este requisito non serán admitidos, e non se aceptará a entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro: unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de lles cede-lo remate a terceiros.

Cuarto: en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda o día 22 de outubro de 1997, ás 10 horas, para a que serve de tipo o 75 % do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira, o día 24 de novembro de 1997, ás 10 horas, que se celebrará sen suxeición a tipo; quen desexe tomar parte nela deberá consigna-lo 20 % do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado, non se puidese celebra-la poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor:

-Peugeot 203, matrícula C-5252-AH, valor 100.000 pesetas.

-Camión Dumper, marca Tatra C-9815-AT, valor 1.100.000 ptas.

-Parcela catastral 250606500 NH4, sita en San Martiño de Aríns, valor 2.925.000 pesetas.

-Dereito de usufructo do predio nº 16.510, edificación sinalada co nº 10 da rúa Montepío de Santiago de Compostela, inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela no tomo 1.134, libro 176, folio 219, valor 3.219.536 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o once de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5625