Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO sobre convocatoria para provisión dunha praza de auxiliar administrativo.

Asunto: provisión dunha praza de auxiliar administrativo.

Aprobadas polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 20 de xuño de 1997, as bases para provisión dunha praza de auxiliar administrativo, publicáronse no BOP con data do 30 de xuño de 1997. A referida praza está incluída na oferta de emprego deste concello para o ano de 1996, coas seguintes referencias:

Tipo de posto: funcionario de carreira.

Denominación: auxiliar administrativo.

Sistema de provisión: concurso-oposición libre.

Titulación esixida: graduado escolar, formación profesional primeiro grao ou equivalente.

Presentación de solicitudes: as instancias para tomar parte na convocatoria presentaranse no modelo e cos requisitos establecidos nas referidas bases, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cabanas, 4 de xullo de 1997.

A alcaldesa

Rubricado

5683