Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1997 pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras do proxecto de apertura da travesía da rúa Lapido en Bertamiráns (Ames).

O Concello de Ames (A Coruña), en sesión celebrada o día 28 de novembro de 1995, acordou aproba-lo proxecto de apertura da travesía da rúa Lapido en Bertamiráns (Ames).

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 29 de maio de 1997, declárase de urxencia, para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócase ós propietarios e titulares de bens e dereitos afectados que figuran ó pé deste escrito, para que comparezan na Casa do Concello o décimo sexto día hábil posterior ó da última publicación nos medios obrigatorios, e, se este fora sábado, o día hábil inmediatamente posterior, das 10 ás 11 horas, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación deles, en que se recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerasen necesario.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse

pola súa conta, se o estimaren oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta estes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante este concello as alegacións que coiden pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Ames, 11 de xullo de 1997.

José Astray Lorenzo

Alcalde-presidente

Relación de titulares afectados

-Mª Rosa Álvarez Agrelo.

5678