Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por acordo plenario do 26 de xuño do ano en que andamos, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais para a apertura dun vial no solo urbano en Cambre,

redactado polos arquitectos José Ferreiro Digón e Emilio Cortés Varela.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se coiden pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Así mesmo, no dito acordo plenario acordouse suspende-lo outorgamento de licencias no ámbito territorial obxecto de modificación puntual citada, de conformidade co establecido no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Cambre, 10 de xullo de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

5684