Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se abre información pública para a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita, para efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente IN661A 97/1-4).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, do 5 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a seguinte solicitude:

Solicitante: Gamesa.

Domicilio social: r/ Portal da Gamarra, 40, Vitoria (Álava).

Título: parque eólico na Serra do Cando.

Concellos afectados: A Lama, Cotobade, Forcarei.

Coordenadas: V (548.000 W, 4.698.000 N); V (548.500 W, 4.702.000 N); V (549.000 W, 4.704.000 N); V (552.000 W, 4.703.000 N); V (552.000 W, 4.701.000 N); V (549.000 W, 4.698.000 N).

Potencia que se vai instalar: 24,6 mW.

Superficie afectada: 1.500 ha.

As entidades públicas ou privadas interesadas, poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, mediante procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, sita na rúa Nova de Abaixo, 2, de Pontevedra.

Pontevedra, 18 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

97-5295