Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación de bens e dereitos afectados pola seguinte instalación eléctrica: liña eléctrica Castrelo de Miño-Pazos de Borbén. (Expediente IN407A 94/97-3 A.T.).

Fase: información pública para urxente ocupación.

De conformidade co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense, como entidade beneficiaria, da declaración de urxente ocupación para imposición de servidume de paso da liña eléctrica a 220 kV de referencia, a cal afecta ós termos municipais de: Ribadavia, Castrelo de Miño, Arnoia e Melón (Ourense).

A declaración de utilidade pública, en concreto, das referidas instalacións, que foi outorgada por resolución da Dirección Xeral de Industria do 9-2-1996, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou adquisicións dos dereitos afectados, así como a imposición de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ó da publicación desta resolución e os interesados propostos coma titulares dos predios afectados contidos na relación que foi publicada no BOP de Ourense do 19 de xuño de 1997 e no diario local La Región do 17 de xuño de 1997, cos que non foi posible o mutuo acordo, ós que se lles practicará notificación individual conforme o artigo 14 do referido Decreto 2619/1966, poderán aportar por

escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da indicada relación, así como formular alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do dito texto normativo; para tal efecto estará exposta na sección de enerxía desta delegación provincial, en horas de oficina, a solicitude e planos de situación e perfil das instalacións.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5º da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Infórmase ós propietarios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa na mesma, ou por escrito que se reciba nesta delegación provincial, os datos necesarios para a identificación de bens afectados; así como que de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

Ourense, 23 de xuño de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5442