Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza a instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/295-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. interior e R.B.T. Rianxiño.

Situación: Rianxo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, de 90 m de lonxitude, con orixe na liña de media tensión denominada A. Centro de transformación (C.T.) profesional e remate no C.T. denominado Rianxiño. Centro de transformación tipo interior, de 250 kVA. Enlace rede de baixa tensión a 380/220 V que parte de Rianxiño, cunha lonxitude de 60 m en R.Z. e 95 m en tramo subterráneo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autoriza-las devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

A Coruña, 18 de xuño de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5195