Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/181-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. de Lañas.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: C.T. tipo caseta prefabricada, con trafo de 400 kVA a 15/20 kV-B2 e acoplamento e protección de liñas de media tensión, dúas de entrada denominadas Arteixo-Lañas e Lañas-Bertoa e dúas de saída Lañas-Caión e Lañas-Barrañán. Concello de Arteixo.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidos nos regulamentos de aplicación e nos

condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 13 de xuño de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5363