Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/143-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Domicilio social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T.S., Subest. Palmeira-Sirves-Tomada, derivacións Salmón e Sego.

-Situación: concello de Ribeira.

-Descricións técnicas:

Liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20/24 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 16.289 m de lonxitude, nos seguintes tramos:

-Tramo I-Desde a subestación de Palmeira a Mourelos, apoios do 0 ó 11, de 987 m de lonxitude.

-Tramo II. Desde o apoio 11 tramo anterior a polígono de Tomada, de 2.325 m de lonxitude.

-Tramo III. Desde o apoio 11 de Palmeira-Mourelo ó lugar de Salmón, de 4.223 m de lonxitude.

-Tramo IV. Desde o lugar de Salmón a Artes, entre os apoios 33 e 42, de 1.196 m de lonxitude.

Tramo V. Desde Artes no apoio 42 ó lugar de Sirves, de 1.500 m de lonxitude.

-Tramo VI-Derivada ó C.T. Salmón de 206 m de lonxitude.

-Tramo VII. Derivada ó C.T. Sego, de 330 m de lonxitude.

Centros de trnsformación aéreos de 50 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Salmón e Sego,.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

Resolve autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 12 de xuño de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5359