Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.140

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 9 de xullo de 1997 pola que se modifica o Regulamento da denominación de orixe Ribeira Sacra e do seu consello regulador.

Por Orde do 30 de maio de 1995, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes recoñeceu a denominación de orixe Ribeira Sacra para os viños producidos nesta zona vitivinícola e nomeou o seu consello regulador provisional.

O regulamento particular da denominación de orixe Ribeira Sacra aprobouse por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 3 de setembro de 1996.

No texto do citado regulamento advertíronse determinadas imprecisións, polo que, tralo informe do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e por proposta do consello regulador da denominación de orixe Ribeira Sacra, procédese a realiza-las oportunas modificacións.

En consecuencia, de conformidade co artigo 30.I.3º e 4º do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícanse os artigos 4.1º b), 13.3º, 36.4º e) e 48.4º do anexo da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 3 de setembro de 1996, pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Ribeira Sacra e do seu consello regulador. Os ditos artigos quedan redactados tal como se expresa a continuación:

1. Artigo 4º, apartado 1, letra b:

«Subzona de Chantada: abarca as parroquias que se citan dos seguintes municipios:

-Municipio de Carballedo: Erbedeiro, Chouzán, San Xoán da Cova, Oleiros e Temes.

-Municipio de Chantada: Pedrafita, Pesqueiras, San Fiz de Asma, Belesar, San Pedro de Líncora, Camporramiro, Santiago de Arriba, A Sariña, Nogueira e Sabadelle.

-Municipio de Taboada: Sobrecedo, Castelo, Insua San Xulián, Insua San Salvador, Mourelle e Xián».

2. Artigo 13º, apartado 3:

«Non obstante o disposto no apartado anterior, e tendo en conta os costumes e as dificultades orográficas da área de producción, o Consello Regulador poderá autoriza-la inscrición nos rexistros de adegas de elaboración e embotellado, das que estean situadas nos terreos de:

a) Subzona de Amandi:

-Municipio de Sober: nas parroquias de Brosmos, Bulso, Figueirá e Proendos.

b) Subzona de Chantada:

-Municipio de Taboada: nas parroquias de Cecillón, Vilela, Carballo e Vilar de Cabalos.

c) Subzona de Ribeiras do Miño:

-Municipio de Sober: nas parroquias de Vila Escura e Canaval.

-Municipio de Pantón: nas parroquias de Santa Mariña de Eiré, Pantón, Ferreira, Serode e Deade.

-Municipio do Saviñao: nas parroquias limítrofes coa zona de producción.

d) Subzona de Ribeiras de Sil:

-Municipio da Teixeira: nas parroquias limítrofes coa zona de producción.

-Municipio de Castro-Caldelas: nas parroquias limítrofes coa zona de producción».

1. Artigo 36º, apartado 4, letra e:

«Sobre os viños protexidos».

2. Artigo 48º, apartado 4:

«Poderase aplica-la suspensión temporal do uso da denominación ou a baixa nos rexistros dela, sempre que se respecte o establecido no artigo 129 da Lei 30/1992, e no título V da Lei 25/1970 e do Decreto 835/1972.

A suspensión do dereito ó uso da denominación de orixe levará consigo a suspensión do dereito a obter certificados de orixe, precintas, contraetiquetas e demais documentos do consello regulador.

A baixa suporá a exclusión do infractor nos rexistros do consello e, como consecuencia, a perda dos dereitos inherentes á denominación».

Disposición derradeira

A modificación da Orde do 3 de setembro de 1996, aprobada pola presente orde, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

5645