Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.141

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

DECRETO 190/1997, do 29 de maio, polo que se declara ben de interese cultural con categoría de zona arqueolóxica, a favor do depósito paleolítico das gándaras de Budiño, no concello do Porriño, provincia de Pontevedra.

A Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental, por Resolución do 12 de setembro de 1995, (Diario Oficial de Galicia do 4 de outubro) incoou expediente de declaración de ben de interese cultural con categoría de zona arqueolóxica, a favor do depósito paleolítico das gándaras de Budiño, no concello de Porriño, provincia de Pontevedra.

A tramitación do expediente levouse a cabo de acordo co establecido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro) e demais disposicións vixentes.

Tendo en conta o disposto no artigo 12 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura e Comunicación Social e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de maio de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar ben de interese cultural con categoría de zona arqueolóxica, a favor do depósito paleolítico das gándaras de Budiño, no concello do Porriño, provincia de Pontevedra.

Segundo.-A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación que consta no anexo I e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto será notificado ós interesados, ó concello, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Cuarto.-O presente decreto publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de maio de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO I

Puntos de referenciaCoor. U.T.M.: XCoor. U.T.M.:X

Punto 1531.5104.662.074
Punto 2531.5664.662.074
Punto 3531.5664.661.949
Punto 4531.5184.661.976
Punto 5531.5164.661.960
Punto 6531.6084.661.933
Punto 7531.6124.661.856
Punto 8531.5244.661.836

5480