A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, do 20 de marzo de 1992, pola que se creou o Premio Manuel Colmeiro (DOG nº 64, do 2-4-1992), estableceu no seu artigo 2 o seu carácter anual, que alcanza en 1997 a súa sexta edición. Esta convocatoria anunciada quere servir de lembranza e de testemuño de homenaxe á figura de Manuel Colmeiro.
En consecuencia, en uso das atribucións que teño conferidas e con fundamento na orde invocada,
DISPOÑO:
Artigo único.-Convócase o Premio Manuel Colmeiro, na súa sexta edición, que se rexerá polas bases que se expresan a seguir:
Primeira.-O expresado premio destínase a formentar e distinguir estudios e traballos sobre a Administración pública de Galicia, desde unha perspectiva xurídica, económica, sociolóxica, etc.
Segunda.-Os estudios e traballos deberán ser inéditos.
Terceira.-Os traballos terán que entregarse en disco magnético normalizado, feito en calquera dos sistemas usuaris de tratamento de textos e tamén impreso en follas A4, de 60 matrices a dobre espacio, e contar cunha extensión mínima de cen folios.
Nos traballos non figurará ningún dato persoal, debendo constar exclusivamente o seu título. En folio á parte, que se introducirá en sobre pechado, faranse consta-los datos persoais do autor e o título do traballo polo que se opte ó premio.
Cuarta.-Os traballos presentaranse na Escola Galega de Administración Pública (polígono das
Fontiñas, rúa de Madrid, 2-3, 15707 Santiago de Compostela), tendo de prazo ata o 1 de novembro do presente ano.
Quinta.-O exame dos traballadores presentados e, se é o caso, a adxudicación do premio corresponderalle a un xurado especial, que estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito da Administración pública nomeados polo conselleiro da Presidencia e Administración Pública. A composición nominal do xurado farase pública no momento da resolución.
Sexta.-O premio será único e indivisible, e nesta sexta edición estará dotado con 750.000 ptas.
Se o xurado o coida oportuno, poderá declara-lo premio deserto.
Sétima.-A decisión do xurado, que será inapelable, terá lugar o 17 de novembro de notificaráselles a tódolos participantes.
A entrega do premio terá lugar na data que se determinará oportunamente.
Oitava.-O importe deste premio e os gastos derivados del aboaranse con cargo ás dotacións orzamentarias da Escola Galega de Administración Pública para o ano 1997.
Novena.-A EGAP reserva para si o dereito a publica-lo traballo premiado.
Os traballos non premiados seranlles devoltos ós seus autores, logo da petición expresa deles, no prazo de tres meses seguintes ó da data na que lles sexa notificada a decisión do xurado.
Rematado o devandito prazo sen que se solicite a devolución, poderase proceder á súa destrucción.
Décima.-A presentación do traballo para o premio implicará a aceptación polos seus autores das presentes bases.
As incidencias que poidan presentarse nos supostos non previstos nestas bases serán resoltas polo conselleiro da Presidencia e Administración Pública.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1997.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración
Pública
5665