Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.121

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 187/1997, do 3 de xullo, polo que se modifica o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio.

Os cambios operados no ámbito do comercio fan que sexa preciso reforza-las actuacións en tódolos campos, e moi especialmente na cooperación institucional con organismos estatais e outros entes públicos ligados ó desenvolvemento dos investimentos dentro e fóra de Galicia. Todo isto require unha dedicación específica baseada en actividades de información, formación e cooperación dirixidos a incrementa-la competitividade do comercio galego en tódolos mercados, polo que cómpre dota-la Dirección Xeral de Comercio e Consumo dun servicio que asuma todas estas funcións.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, con informe favorable da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-O punto 1 do apartado tres do artigo 6º do Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, queda redactado como segue:

1. Subdirección Xeral de Comercio.

Correspóndelle a esta subdirección dirixir e coordinar tódalas actividades tendentes á preparación de proxectos normativos en materia de comercio. Programación e coordinación da xestión e trámite de axuda ó financiamento de medios ás asociacións comerciais e cámaras de comercio. Programación e coordinación da xestión e trámite das axudas á implantación e reforma dos centros comerciais. Programación e coordinación da xestión e trámite das axudas á promoción comercial e certames feirais. Programación e coordinación da xestión e trámite das axudas á formación do sector comercio. Programación e coordinación da xestión e trámite de axudas á implantación e adecuación de equipamentos comerciais. Preparación das resolucións dos recursos que se presenten na dirección xeral en materia de comercio.

Contará coas seguintes unidades:

1.1. Servicio de Promoción e Ordenación Interna.

1.2. Servicio de Promoción Externa.

1.3. Servicio de Cooperación Institucional, Formación e Documentación.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Presidente en funcións

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

5646