Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 14 de xullo de 1997 Páx. 6.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/44-2-4712 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Cupiga, S.A.

Enderezo social: Eulogio Fernández, 3, 32000 O Barco de Valdeorras-Ourense.

Denominación: L.M.T.S. e dous C.T.S. para nave de elaboración de lousa.

Situación: Quiroga.

Características técnicas: liña aérea de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, cunha lonxitude de 2.261 metros. Liña subterránea de media tensión en conductor R.H.V.-12/20 kV, cunha lonxitude de 23 metros. Centro de transformación de 800 kVA, para suministración eléctrica á nave elaboración de lousa. Liña aérea de media tensión a 20 kV, en conductor LA-30, cunha lonxitude de 656 metros. Centro de transformación de 100 kVA, para estación de bombeo de auga en Pacios da Serra, concello de Quiroga.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 26 de xuño de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5238