Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 14 de xullo de 1997 Páx. 6.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede a Cualicontrol-ACI S.A., a renovación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada por Juan A. Martínez Medina, en representación de Cualicontrol-ACISA, e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa concedida a renovación de entidade para impartir cursos de instaladores de gas grupos IG-I ó IG-IV.

Vista a Ore do 17 de decembro de 1985, pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE 9-1-1986).

Ó considerar que se cumpliron os requisitos regulamentarios establecidos.

Esta Dirección Xeral de Industria resolve:

Outorgarlle a Cualicontrol-ACISA a renovación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos presentará perante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da provincial correspondente, fotocopia da presente resolución, táboa de tarefas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a súa actividade, unha memoria anual

de actuacións e nesta dirección xeral un resumo delas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante esta Dirección Xeral de Industria e Comercio o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

97-5505