Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 14 de xullo de 1997 Páx. 6.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 18 de xuño de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios da zona de concentración parcelaria da zona da Escravitude, sector II (Padrón-Rois-A Coruña).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona da Escravitude, sector II (Padrón-Rois-A Coruña), e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios. A citada toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Os interesados poderán reclamar ante esta xefatura (edificio administrativo, Praza Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña) xuntando dictame pericial sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, dentro dos trinta días seguintes ó da publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia (artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Para os oportunos efectos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pastos o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.

b) Os restantes predios, no momento de seren retiradas as colleitas que estiveran pendentes de recolección no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre aportante e adxudicatario; en caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de aportación dentro dos seis meses seguintes á publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia, logo de petición á Xefatura de Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo per

miso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes no caso de seren especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

A Coruña, 18 de xuño de 1997.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento

Rural da Coruña

5231