Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 14 de xullo de 1997 Páx. 6.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

EDICTO do 23 de xuño de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fan públicas as notificacións a diversos contribuíntes (Claudino García Lozano e outro máis) dos acordos de liquidación derivados de actas de inspección.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta Delegación de Economía e Facenda e, por conseguinte, sen se poder levar a efecto a notificación pretendida ós contribuíntes que de seguido se relacionan, por medio do presente edicto, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e do artigo 60.5º, R.D. 939/1996, notifícaselles acordos de liquidación dictados polo Servicio de Inspección Tributaria.

Contra esta notificación os interesados poderán interpoñer recurso de reposición perante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, ou reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

A Coruña, 23 de xuño de 1997.

P.S.

Enrique Fernández Arias

Secretario

Transmisións patrimoniais e actos xurídicos

documentados

Contribuínte: Claudino García Lozano.

Enderezo: Lg. San Tirso de Mabegondo, Abegondo.

-Período: 1993.

Concepto: acta de inspección nº 0025803, modelo A05, por importe de 1.052.704 ptas., segundo o detalle que segue:

Base impoñible: 9.000.000

Cota 6%: 540.000

Sanción: 324.000

Xuro por demora: 188.704

Total débeda: 1.052.704

-Período: 1993.

Concepto: acta de inspección nº 00258030, modelo A05, por importe de 73.419 ptas., segundo o detalle que segue:

Base impoñible: 600.000

Cota 6%: 36.000

Sanción: 21.600

Xuro por demora: 15.819

Total débeda: 73.419

-Período: 1993.

Concepto: acta de inspección nº 0025812, modelo A05, por importe de 590.425 ptas., segundo o detalle que segue:

Base impoñible: 5.000.000

Cota 6%: 300.000

Sanción: 180.000

Xuro por demora: 110.425

Total débeda: 590.425

Imposto sobre sucesións e doazóns

Contribuínte: herdeiros de Abelaira Rivera Baldomero.

Enderezo: r/ Sinforiano López 38 baixo, A Coruña.

-Período: 1991.

Concepto: acta de Inspección nº 00030554, modelo A02, por importe de 477.182 ptas., segundo o detalle que segue:

Base impoñible: 11.406.349

Reducción: 2.271.500

Base liquidable: 9.134.849

Cota: 972.500

Ingresado: 661.129

Diferencia de cotas: 311.371

Xuro por demora: 165.811

Total débeda: 477.182

4170