Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 14 de xullo de 1997 Páx. 6.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 24 de abril de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se anuncia o extravío do resgardo de depósito 2316/1993, para efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo de depósito varios nº 2316/1993 constituído o 23-11-1993, por importe de 102.540 ptas. (cento dúas mil cincocentas corenta ptas.) mediante aval bancario na caixa de depósitos desta delegación, garantindo a Textil Cano y Segura, S.A., formúlaselles requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación territorial.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data da publicación do presente anuncio, non se presentase, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderán producir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

A Coruña, 24 de abril de 1997.

Enrique Fernández Arias

Secretario

5223