Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 14 de xullo de 1997 Páx. 6.896

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DO CARBALLIÑO

CÉDULA de citación de remate (159/1996).

En virtude do disposto pola xuíza de Primeira Instancia e Instrucción do Carballiño, en providencia desta data, dictada nos autos de xuízo executivo nº 159/1996, promovidos por instancia de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Antonio Pedrouzo Nóvoa, contra Spem Inversiones, S.L. con CIF B-32123952, domiciliado na rúa Capitán Eloy, 30, 2º A, Ourense; Serpluga, S.L., con CIF domiciliado na rúa García Olloqui, nº 6-5º B Vigo, (Pontevedra) e outros, en reclamación de 46.658.869

ptas. de principal máis outros 10.000.000 de ptas. que se orzan provisionalmente para xuros, gastos e custas, acordouse citar de remate por termo de nove días os demandados Spem Inversiones, S.L. e Serpluga, S.L. en paradoiro ignorado, para que comparezan en forma en autos e se opoñan á execución se lles conviñer, facéndolles saber que están ó seu dispor na secretaría deste xulgado as copias da demanda e documentos presentados, facendo constar que non se practicou o embargo por non se atopa-los debedores nin coñecérselles bens.

E para que conste e para a súa inserción nos lugares públicos de costume, servíndolles de citación de remate en forma a Spem Inversiones, S.L. e Serpluga, S.L., expido a presente cédula no Carballiño, cinco de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Virginia Antón Guijarro

Secretaria

5460