Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 14 de xullo de 1997 Páx. 6.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, pola que se modifica o prego de condicións técnicas do concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración consistente na adquisición de sistemas de información para os servicios centrais e provinciais de Protección Civil, convocada por Resolución do 6 de xuño de 1997.

Detectado no prego de condicións técnicas do concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración consistente na adquisición de sistemas de información para os servicios centrais e provinciais de Protección Civil, convocada por Resolución do 6 de xuño de 1997, un erro substancial no que atinxe ó software que se vai subministrar e o número de licencias necesarias,

RESOLVO:

Modifica-lo prego de condicións técnicas para indica-las especificacións correctas do software que se vai contratar. Este prego atoparase á disposición dos licitadores para o seu exame, nos días e horas hábiles de oficina nas dependencias da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente.

Os prazos correspondentes para presentación de ofertas e apertura destas será o indicado na Resolución do 6 de xuño de 1997, entendéndose que

contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1997.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral para a Protección Civil

e o Medio Ambiente

5412