Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 14 de xullo de 1997 Páx. 6.896

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (178/1997-1).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo nº 178/1997-1, sobre reclamación de cantidade, sendo demandante Automóviles M. Núñez, S.A., e demandado Empresas Técnicas Gallegas, S.A., sendo a contía do asunto a de 7.511.864 pesetas de principal, máis 1.000.000 de pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, cítase de remate o demandado Empresas Técnicas Gallegas, S.A. para que no prazo de nove días hábiles a partir da publicación, poida oporse á execución comparecendo nos autos por medio de procurador, apercibido de que de non o efectuar será declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen o volver citar nin lle facer outras notificacións que determine a lei. Notifícaselle o embargo dos bens seguintes: cantidades pendentes de aboar á executada ante a Xunta de Galicia, Consellería de Agricultura, tanto polo Servicio de Montes desta como as que esta fai efectivas con cargo ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), así como as certificacións

pendentes de aboar.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado Empresas Técnicas Gallegas, S.A., expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 10 de xuño de 1997.

O secretario

Rubricado

4784