Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 14 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración de ben de interese cultural coa categoría de conxunto histórico a favor do núcleo antigo da vila de Castro Caldelas, provincia de Ourense.

Advertidos erros na indicada resolución, publicada no DOG número 106, do 4 de xuño de 1997, cómpre face-la seguinte corrección.

O Pleno do Concello de Castro Caldelas, na súa sesión do 28 de setembro de 1995, acordou o cambio do topónimo de «río Edo» polo de «río Caldelas».

Deste xeito, tódalas referencias que no anexo da resolución indicada (páxina 5.351) se fan ó río Edo deben entenderse feitas ó río Caldelas.

5210