Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 18 de xuño de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada H.P. número 1, a favor de Jesús Rey Noya, Mª José Vázquez Sieira e Martín Rey Vázquez.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: H.P. nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 18.

Data da concesión: 26-5-1971.

Data de finalización da última prórroga: 26-5-2001.

Anterior concesionaria: Carmen Trasbach Paz e Luis Castelo Domínguez.

Novo titular da concesión e batea: Jesús Rey Noya, Mª José Vázquez Sieira e Martín Rey Vázquez.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 18 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

5211