Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de montes 97/049MV.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción da Lei de montes, do 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151), e ó seu Regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial de Agricultura, Gandería e Montes.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas coide convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 16 de xuño de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Procedemento sancionador número: 97/049MV.

Denunciado: García Villalongos, Francisco.

DNI: 14.953.156.

Último enderezo coñecido: r/ Cabo Santiago Gómez nº 8, 2º-H, A Coruña.

Feitos denunciados: ocupación dunha superficie de 93 m para colocar un repetidor de Airtel.

Preceptos:

Infrinxido: 410 do Regulamento de montes.

Sancionador: 410 Regulamento de montes.

Sanción: 186.000 ptas.

5203