Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 1 das N.N.S.S.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión extraordinaria do 27 de xaneiro de 1997, exposto a información pública polo prazo dun mes en O Correo Galego do venres 7 de febreiro de 1997, BOP do 13 de febreiro, e DOG do 17 de marzo, informada a alegación presentada polo Pleno do 23 de abril de 1997, solicitado o informe previo preceptivo á aprobación definitiva, de conformidade co artigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, obtidos estes do Ministerio de Medio Ambiente, Secretaría do Estado de Augas e Costas, Dirección Xeral de Costas, con data do 27 de maio do presente ano, cun Rexistro de Entrada no concello co número 643, do 2 de xuño de 1997, e Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 19 de maio de 1997, co Rexistro de Saída da consellería do 26 de maio de 1997, e entrada no concello o 29 de maio de 1997, co número 632, foi aprobada definitivamente na sesión plenaria extraordinaria do 6 de xuño de 1997. Para os efectos preceptuados no artigo 48.2º da

Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, publícase no DOG e no BOP a aprobación definitiva.

O texto da modificación puntual nº 1 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Carnota, aprobado con carácter definitivo, contén tres planos numerados, e di literalmente o seguinte:

«Modificación puntual nº 1 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Carnota.

1º) Introducción.

1. Con data do 14 de outubro de 1996, o Concello de Carnota encargoulle a Consultora Galega, S.L. na súa calidade de equipo redactor das N.S.M. Carnota, a elaboración do Plan Especial de Protección do Espacio Natural previsto nelas na zona dos Remedios (parroquia de Lira), que figura co nº 4 dentro dos espacios así considerados do termo municipal que se recollen na memoria e na normativa urbanística do dito planeamento xeral municipal.

Unha vez feita a primeira aproximación ó territorio, así como a toda a documentación referida ó espacio delimitado, que consta no concello, por parte de Consultora Galega, S.L. e por medio de escrito do 22/1996, propuxo conforme a toda unha serie de razoamentos que logo se reproducirán, a modificación do ámbito do dito plan, para o cal é preceptiva a elaboración, formulación, tramitación e aprobación dunha modificación das N.S.M.C. en vigor logo da súa publicación no BOP da Coruña nº 171, do 26 de xullo de 1996.

2. No escrito dirigido ó concello no que se contiña esta proposición de adoptar un acordo no sentido apuntado no punto 1º anterior dábanse as seguintes razóns:

a) A existencia na área delimitada como espacio natural dos Remedios, e xa desde hai máis de seis anos, dunha planta acuícola para o cultivo de rodaballo, autorizada pola COTOP con posterioridade á aprobación das N.S. provinciais vixentes, que foron o instrumento normativo que primeiro delimitou esta área como espacio natural. En boa lóxica, sinalábamos, as N.S. municipais terían que ter corrixido a delimitación do espacio natural, mais debido a unha confusión producida á hora de recolle-la información urbanística que serviu para a redacción das ditas N.S.M. de Carnota, confusión que non é alleo o propio equipo redactor, non se detectou a existencia das instalacións alí localizadas, por entender que a planta de rodaballo que existía en Carnota era só a de Porto de Quilmas. Entre outras razóns, en desculpa dos redactores do planeamento xeral, o fallo prodúcese porque a planta en cuestión pasa absolutamente desapercibida para todo o que non se achegue ata ela. É dicir, a planta en

cuestión é moi dificilmente visible.

b) A confusión tivo consecuencias inmediatas porque o concello, na crenza de que o uso alí existente era perfectamente compatible co ordenamento que se estaba a tramitar, fronte dun proxecto de ampliación da dita planta dos Remedios, con previsión de creación dun número significativo de postos de traballo, acordou a declaración de utilidade pública

e interese social do proxecto. Agora mesmo, sen embargo, non se podería conceder esa licencia porque a normativa provisoria para a zona resulta ben taxativa; en tanto non se redacte o plan especial de protección esixido polas N.S.M.C., non se poderá erguer ningunha edificación na área. Mais agardar pola aprobación definitiva do dito plan que agora comezamos a elaborar, para logo tramita-lo proxecto mencionado, considerábase excesivo para o bo fin dos investimentos proxectados.

É basicamente por iso polo que se lle propuxera ó concello de Carnota a adopción do acordo de modificación puntual das N.S.M.C. no sentido apuntado, ó tempo que xa se sinalaban as determinacións que tería que dispo-la dita modificación; a saber:

1º) Detraer do ámbito do plan especial os terreos da planta acuícola de Lira á que nos referimos, tanto os que se ocupan actualmente polas instalacións en funcionamento coma as que acollerán a ampliación proxectada e en trámite de obtención de autorizacións administrativas e licencia, que son da súa propiedade.

2º) Aplicarlle á zona detraída a normativa xenérica aplicable ó solo especialmente protexido, e a normativa específica de protección do litoral, con medidas de harmonización co contorno paisaxístico e de mingua de impactos visuais.

E todo iso xustificado pola necesidade de casar dous obxectivos igualmente primordiais e presentes tamén na base do planeamento municipal vixente: a preservación dos valores ambientais e paisaxísticos e a necesaria explotación dos recursos económicos propios. Tamén por entender que as instalacións relacionadas coa explotación dos recursos pesqueiros e marisqueiros localizados á beira do mar conforman unha imaxe xa tradicional en Galicia, desde o século XVIII, cando xorden as fábricas de salgadura ou coa construcción de casetas para trebellos de pesca por parte dos mariñeiros, construccións e instalacións das que hai boa mostra no territorio de Carnota, pomos por caso, no porto de Quilmas, en Caldebarcos, ou aquí ó lado en Portocubelo.

3º) Por parte do concello acéptase a proposta de modificación citada e así foi urxente a elaboración do proxecto correpondente.

4º) Con base en todo o anterior e logo de consulta sobre a súa oportunidade co delegado da COTOP na provincia da Coruña, elaborouse a correspondente modificación puntual por parte do equipo redactor das N.S.M.C. vixentes. O proxecto de modificación puntual das N.S. que se identifica co nº 1, unha vez visto polo concello, iniciou a súa tramitación conforme o procedemento legalmente vixente. E nese sentido foi remitido a tódalas administracións sectoriais con competencia para informar e tamén á CPTOPV para o informe preceptivo, que con carácter previo á aprobación inicial dos instrumentos de planeamento prevé o artigo 8 a) da Lei 7/1995, do 25 de xuño.

5º) Por parte das administracións sectoriais, soamente informou nos prazos previstos o Ministerio de Medio Ambiente, a través do director xeral de Costas, que resulta favorable, indicando soamente que no que se refire ós usos que se van desenvolver na zona, será precisa a previa autorización á que se refiren os artigos 48.1º e 49 do R.D. 1113/1992, do regulamento que desenvolve a Lei de costas. Esta indicación recollerase na normativa da presente modificación.

6º) O informe previo da CPTOPV, subscrito pola Subdirección Xeral de Urbanismo e Arquitectura da Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da dita consellería, no seu punto 3º di textualmente:

«3º. Recoméndase reconduci-lo contido da modificación, de xeito que aínda que se recoñeza e mais se permita a ampliación da granxa de rodaballo, os terreos afectados non queden fóra do ámbito que o futuro Plan Especial de Protección terá que ordenar dun xeito homoxéneo cara á protección da Punta dos Remedios no seu conxunto».

Á vista do cal, o concello, á hora de aprobar inicialmente a modificación, acordou ter en conta a dita recomendación e proceder a mante-la delimitación da área do espacio natural da Punta dos Remedios, modificando a normativa transitoria específica deste espacio natural, no que atinxe exclusivamente á imposibilidade de inzar instruccións, sempre que estas se dediquen ós usos que con carácter xeral se permitan na zona de protección do litoral.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 1997.

Daniel Pino Vicente

Director do equipo

I) Antecedentes.

1. As normas subsidiarias provinciais aprobadas por orde da COTOP do 3 de abril de 1991, no seu artigo 28, establecen a ordenanza reguladora do solo non urbanizable de protección de espacios naturais. No epígrafe 1 a) do dito artigo remítese ó anexo nº 2 onde se relacionan e delimitan fisicamente, se ben con unha escala pouco apropiada, tódalas áreas incluídas nesta protección. No plano nº 1 de ordenación, folla 119.2-2 figura a chamada Punta dos Remedios, na parroquia de Lira, concello de Carnota.

2. As N.S. provinciais non explicitan os valores que encerra cada área delimitada como protección de espacios naturais, máis alá dos valores xenéricos ambientais e paisaxísticos.

3. Nas N.S.M. de Carnota aprobadas recentemente recóllese a delimitación proposta polas N.S. provinciais e sinálase como obxectivo da protección a conservación dos valores ambientais e paisaxísticos da área máis occidental do termo municipal, onde predomina a costa baixa e recortada, sen formar grandes areais, pero si pequeñinos abeiros protiños, como

o da Barca, o norte e os de Curro e o Crego, no suroeste, e o das Cabras no sur, amén da enseada Simprón, ocupando o relativamente amplo espacio que media entre a Punta Cabalar e a Punta de Prouso Loiro. Xa en terra cabe salienta-los fitos paisaxísticos dos montiños dos Remedios, que dá acubillo ó núcleo de Miñarzo (que non se incluíu dentro da delimitación ó estar, en parte polo norte, nacente e nordés xa, ocupado por edificación) e ó Bico do Monte, metido xa case no mar.

II) Razóns que xustifican a modificación.

1. Como se dixo na introducción, por unha confusión entre o concello e o equipo redactor das N.S. non se caeu na conta de que na área da Punta dos Remedios se daba a existencia dunha planta acuícola para o cultivo de rodaballo. A confusión vén da existencia doutra planta da mesma empresa no Porto de Quilmas e, sobre todo, ó positivo escamoteo das instalacións verbo de calquera contemplación visual da Punta dos Remedios feita desde o resto do territorio carnotan. Só se ve, cando un xa ten diante a planta de cultivo, como amosan as fotografías que se acompañan no anexo gráfico á presente memoria.

2. A planta acuícola nembargantes si existía xa desde 1989 no ámbito da área de espacios naturais nº 4 que nos ocupa, (da que as condiciósn específicas de protección, coa regulación polo miúdo de usos e edificación, se encomenda a planeamento de desenvolvemento, concretamente a un plan especial de protección dos previstos para este tipo de áreas na lexislación vixente).

3. O feito de que pase desapercibida na paisaxe débese a que as instalacións (piscinas) e edificacións (almacéns) se situaron nunha zona máis baixa cá do terreo no que se implantou, e tamén a que as infraestructuras ou ben se mimetizan na paisaxe (canle de abastecemento de auga ou crebaondas de mediodía) ou ben van soterradas (tubería de desaugamento). Ó peche das instalacións é de malla metálica e resulta imperceptible desde lonxe.

4. Por todo o anterior, entendemos que na implantación desta actividade na Punta dos Remedios malia as súas dimensións e o complexo das súas instalacións se soubo actuar con tino no que atinxe ós impactos de carácter paisaxístico, completamente mingoados. As piscinas teñen moi pouca altura e as naves construídas con materiais agrisados tampouco salientan.

5. A pretensión por parte da empresa explotadora de levar adiante unha ampliación da planta, que supón practicamente duplica-la capacidade productiva, aínda, que é apreciso sinalar que as infraestructuras de abastecemento de auga non fai falta amplialas, por canto xa se tiña dimensionado para o volume que agora se pretende, moi ben podería casar cos fins que se explicitaron nas N.S.M.C. para esta área dos Remedios, pois o proxecto presentado para a obtención das autorizacións administrativas e a licencia de construcción (que como xa se dixo

o comezo dispoñía dunha declaracion de utilidade pública e interese social, feita por parte do concello) segue a ser respectuoso desde o punto de vista paisaxístico. Pero a realización das obras atopa co imperioso mandato contido na normativa das N.S.M.C., que sinala que, mentras non se redacte o planeamento especial, non se poderán autorizar «... máis usos cos agrarios, pesqueiros e marisqueiros tradicionais, prohibíndose calquera clase de construcción no seu ámbito».

6. Evidentemente, de se ter detectado a existencia da planta, este parágrafo incluído ó final do artigo 5.9.2.3. 1. das N.S.M.C., teríase redactado de xeito distinto, de certo, ampliando para esta zona de ordenanza os usos autorizados con carácter xeral para a protección do litoral costeiro, onde se sinala explicitamente que «... non se autorizará educación permanente ningunha coa excepción das derivadas da ordenación pesqueira e marisqueira (incluíndo plantas de cultivos acuícolas)... etc.».

7. Ó noso xuízo, as razóns que levaron os redactores das normas subsidiarias provinciais a incluí-la Punta dos Remedios como área de protección de espacios naturais, xunto ás outras tres previstas en Carnota non vén dos seus valores botánicos nin faunísticos -como é o caso das marismas de Carnota e Caldebarcos-, xa que tales valores non se diferencian, no esencial, dos existentes no resto da costa esgrevia do litoral carnotán. Tampouco vén pola demanda de protección da riqueza pesqueira e marisqueira, pois outro tanto habería que dicir sobre a semellanza coas áreas de costa aberta e acantilada do concello. O que diferencia a Punta dos Remedios fronte ó resto desta recortada, pedregosa e esgrevia é o seu valor paisaxístico, que lle vén do seu perfil inconfundible que se advirte tanto desde Quilmas cara ó sur coma desde Lariño cara ó norte por falar só dos extremos.

É a sucesión de formas elevadas e redondadas, con depresións e entre elas que forman o monte Miñarzo, e, sobre todo, o Bico do Monte, que logo descende estendido e lixeiramente cara ó poñente ata meterse no mar, o que conforma un fito paisaxístico que demanda unha protección especial aínda que máis alá da proporcionada pola norma de especial protección do litoral, de ser xa conservadora dos valores non só de dominio marítimo, senón do sistema litoral.

8. Dado que a protección básica para esta área que se vai encomendar ó Plan Especial é de orde paisaxístico enténdese -segundo o criterio recomendado no informe previo da COTOPV do 16/1997, que cómpre excepcionaliza-las obras de ampliación de plantas acuícolas existentes da prohibición constructiva xeral contida na norma transitoria específica aplicable ó espacio natural de Punta dos Remedios.

9. Tal pretensión demanda acometer unha modificación puntual do planeamento para levar a cabo este cambio normativo. Non se trata dun cambio substancial, xa que o único que se propón é a apli

cación nunha parte do ámbito do Plan Especial da Punta dos Remedios dunha ordenanza que é idéntica á aplicada con carácter xeral para o solo non protexido de litoral costeiro (SL).

III) Ordenación proposta.

1. A zona de ordenanza SEN da Punta dos Remedios, segundo se recolle nas N.S.M.C. ten unha superficie de 556.250 m.

2. A parcela de Prodemar, propietaria da planta acuícola ten unha superficie total de 151.891 m das que actualmente se ocupan por instalacións e construccións un total de 55.500 m ficando fóra dese uso productivo un total de 96.391 m. Dentro desta área hoxe en día aínda que non utilizada como planta acuícola, cabe distinguir entre a zona onde xa se ten actuado (especialmente con movemento de terras, coa ocasión das obras de construcción da primeira fase da planta), que supón un total superficial de aproximadamente 33.750 m. O resto, 62.641 m é terrreo natural, esencialmente sen alterar na súa configuración morfolóxica.

3. De acordo co anterior consideramos que a excepcionalización á que se fixo referencia non debe abranguer á totalidade da parcela propiedade de Prodemar, senón só a aquela que ou ben xa ten o uso de planta acuícola ou ben o vai ter como froito da expansión (coincidente cos terreos xa alterados na súa configuración morfolóxica hai seis anos).

4. Ós terreos así considerados seralles de aplicación no que atinxe a aspectos volumétricos, o disposto no apatado 2 c) do artigo 5.9.2.3. (solo non urbanizable especialmente protexido), do que os parámetros cuantitativos se expresan no capítulo correspondente á normativa urbanística da presente modificación.

5. Na normativa urbanística contéñense, igualmente, as condicións de carácter particular que deberá terse en conta tanto para a redacción do Plan Especial de Protección que se está a elaborar, coma para o proxecto de ampliación da planta acuícola.

Artigos modificados.

1º) Por medio do presente documento procedeuse a modifica-la normativa urbanística das N.S.M.C. vixentes nos seguintes artigos:

Artigo 5.9.2.3.1., apartado 4. «Normas específicas para cada área». Epígrafe 4.4. «Punta dos Remedios», que ficará como segue:

a) É obxectivo da protección a conservación dos valores ambientais e, especialmente, os paisaxísticos da área máis occidental do termo municipal, onde predomina a costa baixa e recortada, sen formar grandes areais, pero si pequeniños abeiros ou portiños, como a da Barca, ó norte e os de Curro e o Grego no suroeste e o das Cabras, no sur, amén da enseada Simprón, ocupando o relativamente amplo espacio que media entre a Punta Cabalar e a Punta de Prouso Loiro. Xa en terra, cabe salienta-los fitos paisaxís

ticos dos montiños dos Remedios, que dá acubillo ó núcleo de Miñarzo e ó Bico do Monte, metido xa clase no mar.

b) Mentres non se redacte o planeamento especial e con carácter xeral, non se autorizarán aquí máis usos cós agrarios, pesqueiros e marisqueiros tradicionais, prohibíndose calquera clase de construcción no seu ámbito.

c) Excepcionalmente do mandado xeral anterior, as construccións destinadas ó uso de cultivos mariños, uso que con carácter xeral se autoriza en todo o litoral municipal, fóra do ámbito das praias e marismas, que se poidan inzar na área que se reflicte nos planos de ordenación da presente modificación puntual nº 1 das N.S.M.C. (área grafada coa sigras ACM-Autorización de Cultivos Mariños).

d) Nesta área serán de aplicación as condicións volumétricas que rexen na zona de ordenanza de protección do sistema litoral (SL), a saber:

-Parcela mínima: 10.000 m.

-Ocupación máxima da parcela:

a) Ocupación máxima da parcela total;: 2%.

b) Ocupación máxima da parcela cualificada como ACM: 10%.

Cando a aplicación da opción b) supoña supera-lo máximo permitido na opción a), poderase autorizar sempre que a ocupación do solo resultante na totalidade da parcela non supere nun 50% a permitida pola opción que supoña unha ocupación menor.

-Altura máxima construible (AMP) 3,5 m (1 planta).

-Separación mínima a vías públicas: 25 metros da aresta exterior.

-Separación mínima a lindeiros: 10 m.

e) Outros parámetros que hai que ter en conta.

Será condición necesaria para a obtención de licencia de edificación na zona de protección de litoral situada na Punta dos Remedios, o compromiso de asumi-los gastos das seguintes actuacións:

a) Enterramento das liñas de conducción de enerxía eléctrica que subministran enerxía á planta acuícola, tanto as de media tensión que discorren polo vento sur do espacio natural coma os de baixa tensión, que fan polo norte, seguindo a estrada de acceso desde Portocubelo.

f) Autorizacións previas.

-De acordo co previsto nos artigos 48.1 e 49 do R.D. 1112/1992, polo que se modificou parcialmente a Lei de costas, calquera actuación que se pretenda sobre da zona de servidume de protección do dominio marítimo que aparece grafada nos planos requirirá a previa autorización da Administración autonómica competente.

-Igualmente, será preceptiva a autorización previa de calquera actuación que supoña afección de domi

nio público marítimo-terrestre, que terá que ser outorgada pola Administración que ten a competencia sobre el.

g) Prohibicións.

Ficará prohibida na súa totalidade da área do espacio natural -incluída a ACM- a eliminación de residuos sólidos por medio de queima, enterramento, etc. Os desperdicios que se xeren por calquera das actividades permitidas debnerán ser conducidos a un vertedoiro controlado e/ou á planta empacadora para o seu posterior tratamento.

Carnota, 12 de xuño de 1997.

José Oreiro Rodríguez

Alcalde

5468