Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Anuncio de contratación urxente por poxa, procedemento aberto, da obra de reforma en instalacións de iluminación publica segundo proxecto do enxeñeiro técnico industrial Juan José González Sánchez.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Obxecto do contrato: a reforma de instalacións de iluminación pública na Estrada. Prazo de execución: un mes a partir do asinamento do contrato.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: poxa. Tipo de licitación: 9.640.000 ptas. Garantía provisional: 2%. Garantía definitiva: 4%.

Obtención de documentación e información chamando ó Concello da Estrada, Tlf. 57 01 65 extensión 15.

Presentación de ofertas: nos trece días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, por ter carácter urxente, no rexistro xeral, de 9 a 13 horas.

Documentos que hai que presentar.

Sobre 1.-Modelo de proposición. Documento xustificativo da personalidade. Declaración de responsable de non estar incurso na prohibición de contratar conforme os artigos 15 ó 20 da Lei 13/1995. Xustificante de ter constituída a fianza provisional. Xustificante de alta no IAE. Xustificante da solvencia económica e financeira a que se refire o artigo 15 e seguintes da Lei 13/1995.

O adxudicatario presentará, ademais, xustificante de estar ó corrente nas obrigas tributarias e Seguridade Social.

Sobre 2.-Oferta económica adaptada ó modelo.

Apertura de ofertas: en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 24 de xuño de 1997.

O alcalde

Rubricado

4838