Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 9 de xuño de 1997, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización presentado por José Rama Regos e outros, C.B. para unha parcela sita no lugar de Eirís, coas modificacións introducidas.

O que se fai público significando que, contra o acordo que se traslada, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comunicárselle previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

A Coruña, 16 de xuño de 1997.

O alcalde

Rubricado

5419