Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/94-4).

Ós efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Torres García Barbón.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 80 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Troncal-Policarpo Sanz, entre os CC.TT. Isaac Peral e Os Robles, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta en Torres García Barbón, rematando na mesma liña na rúa García Barbón, concello de Vigo. C.T. con dous trafos de 1.000 kVA cada un, relación de transformación 15/20 kV-380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 12 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5117