Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/98-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica del Jallas, S.A.

Enderezo social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. de 400 kVA, 20 kV de recheo-bombeo.

Situación: Cee.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (L.M.T.) 20 kV, de 440 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 12/20 kV e 240 mm de Al, que parte da L.M.T. Pontolla-Cee expediente 27862 e final no centro de transformación que se vai construír de 400 kVA en caseta de recheo-bombeo. Concello de Cee.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5116