Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aprueba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/40-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

-Título: L.M.T., C.T. y R.B.T. no campo da feira-Arcade.

-Situación: concello de Soutomaior.

-Características técnicas: L.M.T. subterránea a a 15 kV, de 140 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V. desde o apoio s/n da L.M.T. Pontesampaio I, ata o C.T. que se proxecta no campo da feira-Arcade, concello de Soutomaior. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV/380-220 V. R.B.T.

aérea de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. sobre apoios de formigón e 140 m de lonxitude con conductor Al.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III y IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 16 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5467