Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/89-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: modificado 1 o proxecto L.M.T., C.T., Tranvías r/ Sta. Tegra.

Situación: Narón. A Coruña.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 128 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 3(1x240) mm Al que ten orixe na L.M.T. existente en Xubia a C.T. As Travesas, expediente 19759 e final no C.T. Travesas. Ramal aéreo a 15/20 kV de 60 m en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Xubia-As Travesas e final no paso aéreo-subterráneo. Concello de Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5069