Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/123-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a 20 kV, C.T. de 50 kVA, R.B.T. Carballo do Boi. Ortigueira.

Situación: Ortigueira.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 51 m, con orixe no apoio nº 2 da liña subestación Mera-provincia de Lugo (expediente 11254) e final en C.T. que se vai instalar en Carballo do Boi.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5071