Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/106-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.I. San Clemente. Estrada xeral.

Situación: Zas.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica de media tensión a 20 kV sobre apoio de formigón e con conductor LA-56 de 33 m con orixe na liña A Ermida-Piolla (expediente 169/1995) e final no C.T. que se vai instalar en San Clemente. Centro de transformación tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en San Clemente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5070