Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se outorgan as concesións de explotación Cabrera número 4628.1, Piorno número 4561.1 e Man de Moura número 4553.1.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense dá a coñecer que, por resolución da Dirección Xeral de Industria se outorgan as concesións de explotación seguintes con expresión do nome, número, cuadrículas mineiras, recurso, termos municipais, data de outorgamento e data de declaración de efecto (D.E.) ou impacto ambiental (D.I.).

Cabrera.-4628.1; 1; sección C; Baños de Molgas; 21-11-94 (D.E.).

Piorno.-4561.1; 3; sección C; O Bolo e A Veiga; 25-11-96; 18-5-95 (D.I.).

Man de Moura.-4553.1; 2; sección C; Ribadavia e Carballeda de Avia; 28-4-97; 1-10-97 (D.I.).

O que se fai público para o seu coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978, e maniféstase que as explotacións se axustarán ó cumprimento da declaración de impacto ou de efectos ambientais acordadas pola Comisión Galega de Medio Ambiente nas devanditas datas.

Ourense, 3 de xuño de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5073