Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Cañoteiras-Marrozos.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 200 m de lonxitude, en LA-56, que parte da L.M.T. Sta. Lucía-A Susana e remata no C.T. que se vai construír en Cañoteiras Marrozos de 50 kVA a 20 kV-B.2 e encaixe da R.B.T. Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 3 de xuño de 1997.
Juan I. Lizaur Otero
Delegación provincial da Coruña
5074