Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. a 15/20 kV, C.T. de 400 kVA Mera-praia.
Situación: Oleiros.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 490 m con orixe no C.T, praia de Mera (expediente 15254) e final no C.T. que se vai instalar Mera-praia. Centro de transformación, tipo interior de 400 kVA e tensións de 15-20/0,380-0,220 kV. Oleiros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 2 de xuño de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
4980