Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/108-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. a 15/20 kV de 250 kVA gasolineira acceso a Pocomaco.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo, con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 30 m con orixe na liña A Grela-.A pasaxe (expediente 9912) e final en C.T. gasolineira acceso a Pocomaco que se vai instalar. Centro de transformación tipo interior de 250 kVA e tensións de 15/20-0,380-0,220 kV. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5076