Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: variante L.M.T. Sta. Mariña do Monte, no lugar de Fraga-Roble de Sequeiro.
Situación: Valdoviño.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 340 m con orixe no C.T. Sequeiros e final en apoio liña Sta. Mariña do Monte-Robles (expediente 7372). Valdoviño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 2 de xuño de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
5072