Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Turnes.
Situación: Santa Comba.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos, e con conductor LA-56, de 669 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 29 da liña que alimenta o C.T. Bazar e Sabucedo (expediente 10829) e final no C.T. que se vai instalar en Turnes. Centro de transformación aéreo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 en Turnes. Santa Comba.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 30 de maio de 1997.
Juan I. Lizaur Otero
Delegación provincial da Coruña
5077